Información
Localidades de Galicia

GONZALO CABALLERO CENSURA A “IRRESPONSABILIDADE” DE FEIJÓO POR POÑER EN DÚBIDA O PAGO DE NÓMINAS DOS FUNCIONARIOS MENTRES GASTA 30 MILLÓNS DE EUROS EN REFORMAR DESPACHOS

Información
21 Agosto 2019 358 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O secretario xeral sinala que “a incongruencia dunPP que en Galicia fala de asfixia das contas públicas” polas entregas a conta “mentres anuncia rebaixas fiscais en Madrid e Andalucía”O secretario xeral sinala que “a incongruencia dunPP que en Galicia fala de asfixia das contas públicas” polas entregas a conta “mentres anuncia rebaixas fiscais en Madrid e Andalucía”


Santiago, 21 de agosto de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, censurou hoxe que Feijóo tente “confrontar co goberno socialista” con fins partidistas a raíz das entregas a conta con “falacias” sobre “agravios ou discriminacións” que non se están producindo.
“O comportamento da facenda pública é a mesma para todas as comunidades, e Feijóo sábeo”, subliñou o líder dos socialistas galegos, para recordar que “xa o dixo Montoro nunha carta” no ano 2018. Nesta liña, explicou que a ausencia de orzamentos impediu actualizar eses fondos, de xeito que instou á dereita a explicar o seu voto en contra dos PGE presentados polo goberno socialista.
“Queren xogar á confusión e terxiversar a realidade”, reprobou Gonzalo Caballero, quen sinalou que “o cinismo de Feijóo” queda retratado coa postura do seu partido noutras comunidades. “O mesmo PP que en Galicia fala de asfixia das contas públicas anuncia rebaixas fiscais en Madrid e Andalucía”, recalcou.
Na mesma liña, o máximo dirixente do PSdeG recriminou a Feijóo que “xogue cos intereses dos galegos sen pudor” por “chegar a poñer en dúbida o pago das nóminas dos empregados públicos ou o pago a provedores” mentres anuncia “30 millóns de euros para reformar despachos e oficinas” no complexo administrativo da Xunta en San Caetano.
“DEFENDER OS INTERESES DOS GALEGOS”
Así as cousas, Gonzalo Caballero instou a Feijóo a “traballar para defender os intereses dos galegos” e non os do seu partido, ao tempo que preguntou se Feijóo “vai ser o representante da ultradereita en Galicia” dentro dunha plataforma común ou se a dereita e a ultradereita van concorrer por separado ás eleccións autonómicas.
Con todo, o secretario xeral do PSdeG apuntou que as respostas do PPdeG carecen de “credibilidade” para afrontar estes asuntos, toda vez que ata a data “Feijóo nin foi quen de aclarar se vai ser candidato á Xunta”.
Pola súa banda, os socialistas –como dixo- “defenden os intereses dos galegos que se senten abandonados pola Xunta e que están fartos de 10 anos de prepotencia, ineficiencia e falta de solucións”. “Xa superou o limiar, e os galegos están fartos de velo subido ao coche oficial e do seu discurso cínico”, concluíu.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.