Información
Localidades de Galicia

DENUNCIAN “DESLEIXO DE FUNCIÓNS” DE FEIJÓO, QUE LEVA ANO E MEDIO SEN NOMEAR PRESIDENTE DO CONSELLO SOCIAL DA USC

Información
12 Junio 2019 79 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, denunciou hoxe o “desleixo de funcións” do presidente da Xunta, que leva ano e medio sen nomear ao novo presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela. A parlamentario socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento para sinalar a “desidia” do presidente da Xunta e da conselleira de Universidade.

 

Burgo lembrou que o nomeamento deste cargo “depende de vostedes, non do Consello Social nin do reitor da Universidade”, de acordo cos artigos 77 e 83 da Lei 6/13 do Sistema Universitario de Galicia. O presidente da Xunta leva, dixo, ano e medio “sen facer absolutamente nada para nomear” a este cargo, e incumprindo polo tanto coas súas obrigas legais e poñendo ao órgano nunha “situación inexplicable”.

A parlamentaria socialista advertiu que “non quero pensar que queiran facer calar ou non darlle voz a un órgano que pode criticar a súa política de financiamento ou de titulacións en torno ás universidades”.

Criticou que teñan bloqueado deste xeito a un órgano encargado de supervisar as actividades económicas da Universidade, así coma o rendemento dos seus servizos, ou promover a colaboración da sociedade no financiamento da USC. Engade que este baleiro supuxo ademais que tampouco poidan restablecer a vacante da secretaria do Consello, xa que se trata dunha designación que lle corresponden precisamente á Presidencia do Consello.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+