Información
Localidades de Galicia

Denuncian quie o Santander se fixo co Pastor e Popular para pechar 135 oficinas, das 401 existentes, e destruir 271 postos de traballo ante a atenta mirada e nula xestión de Feijóo na Xunta

Información
25 Mayo 2019 137 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Santander anunciou na primeira xuntanza de negociación do ERE, celebrada este xoves, a súa intención de pechar 135 oficinas das 401 existentes e de destruír 271 postos de traballo, o que supón o 14%. Unha porcentaxe que, segundo a sección sindical da CIG na entidade, é superior á media estatal, estimada no 12%. A próxima reunión está fixada para o día 28 de maio.

 

Na xuntanza a empresa fixo entrega da documentación xustificativa do proceso e a súa proposta de redución de persoal e oficinas, que afecta a toda a rede comercial, incluída Oficina Directa en Galiza. A data prevista de finalización do ERE é o 31 de marzo de 2020, aínda que a maior parte das medidas estarán aplicadas a 31 de decembro deste ano.

Segundo explica a sección sindical, a pesar do famoso Protocolo de fusión asinado en novembro de 2018, que se presentou como garante do emprego e de medidas non traumáticas, e que a CIG non asinou por entender que era unha mera declaración de intencións e non garantía nada, “o Banco xa amosa de inicio as súas intencións, reservándose o dereito de aceptar ou non a adscrición voluntaria ao expediente en función das súas necesidades, ao tempo que establece criterios de adscrición non voluntaria, é dicir: despedimentos”.

Mantemento do emprego

A sección sindical da CIG-Santander denuncia ademais que o banco “obvia interesadamente que a 31 de marzo de 2019, o total do cadro de persoal en Galiza era de 2.132 persoas, que a propia empresa estivo a ofrecer prexubilacións dende o mes de marzo e que, como consecuencia destas, xa levan amortizados 216 postos de traballo aquí”.

Deste xeito, sinalan desde a sección sindical, ao final do proceso, “estariamos falando da destrución de 487 postos de traballo no noso país, case un 23%”.

Diante desta situación, anuncian que defenderán o mantemento pleno do emprego en Galiza e a posta en marcha dun proceso de prexubilacións, pero “non admitiremos ningún despedimento”.

Lembra que xa se iniciaron mobilizacións o pasado día 21 de maio na Coruña para denunciar publicamente as consecuencias laborais e sociais deste proceso en Galiza e que continuarán.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+