Información
Localidades de Galicia

Longo camiñar

Información
22 Mayo 2019 122 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Integrantes de Som do Galpom

O grupo compostelán Som do Galpom presentará este xoves, a partir das 21.00 horas, na luguesa Praza de Santa María un avance do seu próximo traballo, ‘Longo camiñar’, no marco do ciclo Lubicán 2019, incluído na programación cultural promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

 

Som do Galpom naceu como grupo en decembro de 2005, momento no que comezaron a  ensaiar nun galpón dunha aldea chamada A Moninha, que está perto de Compostela. Durante o ano 2006 chegaron os primeiros concertos e dende aquel intre a banda non deixou de percorrer locais e escenarios por toda Galiza e parte do extranxeiro.

 

 

A volta aos escenarios desta formación galega, integrada na actualidade por Gael Bassave (voz), Brais Bassave (violino), Guillermo Vistoso (guitarra e teclados), Iván Bernárdez (baixo) e Pablo Rey (batería), trae non poucas novidades, xa que o que será o seu terceiro traballo amosa unha evolución cara un son máis potente e directo.

 

Dende o primeiro día a aceptación de Som do Galpom por parte do público foi increíble e cada concerto fixo que esta formación medrara na súa ambición de ofrecer un directo cada vez máis potente para permitir ao público gozar coa súa música. A idea inicial desta formación era a de fusionar diferentes estilos musicais dándolle moita importancia á mensaxe que queríamos transmitir. Con este propósito por bandeira, Som do Galpom mesturan nas súas composicións un pouco de funk, un pouco de reggae e un pouco de rap.

 

O grupo sempre estivo moi activo á hora de participar en concursos para grupos non profesionais (Certame musical Terra e Língua, Galiza Crea, Nsaio no camiño, Fundation reggae festival...), nos que acadaron numerosos galardóns, entre os que cómpre salientar o Nsaio no camiño 2008.

 

As primeiras gravacións, a modo de maquetas, de Som do Galpom foron feitas en diferentes estudos, ata que en 2009 sacaron o seu primeiro disco, ‘Em terra de ninguém’. Para o segundo traballo de estudo deste grupo compostelán, ‘A galinha de Troia’, houbo que esperar ata novembro de 2013.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+