Información
Localidades de Galicia

GONZALO CABALLERO DENUNCIA QUE FEIJÓO “ABANDONOU” O MEDIO RURAL E “FIXO POLÍTICA CONTRA OS CONCELLOS”

Información
18 Mayo 2019 133 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O secretario xeral do PSdeG compromete traballo en Europa “por unha política agraria e gandeira que permita darlle máis ingresos ao sector”

Sarria/Baralla, 18 de maio de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou esta mañá a feira de San Isidro de Sarria en compañía da alcaldesa, Pilar López, e denunciou dende alí o “abandono” por parte da Xunta aos concellos e ao medio rural.

 

F¡xo política contra os concellos e contra o medio rural”, incidiu o líder dos socialistas galegos, quen sinalou que “a incapacidade de xestión” de Feijóo acaba implicando que os concellos asuman máis traballo do que lles corresponde pese a non contar con orzamentos para facelo.

Aludiu así Gonzalo Caballero ás tarefas de loita contra as plagas ou os incendios, e de atención aos cans abandonados, para facer fincapé en que “a Xunta non cumpre e delega nos concellos” sen axudarlles nin darlles fondos. Por iso, remarcou que “o voto ao PSOE é a favor da boa xestión” fronte ao “incumprimento de Feijóo”.

Necesitamos concellos socialistas en toda Galicia para seguir modernizando o país en compañía do goberno de Pedro Sánchez”, subliñou o máximo dirixente do PSdeG, ao tempo que recalcou que o éxito nestes comicios tamén será a antesala dun triunfo posterior, nas eleccións autonómicas.

UNHA PAC BEN DOTADA”

Así mesmo, Gonzalo Caballero pediu coller tamén a papeleta socialista nas europeas, posto que “os socialistas traballaremos por unha política agraria e gandeira que permita darlle ao sector máis ingresos dos que percibe a día de hoxe debido a unha cadea de distribución que actualmente lles prexudica”.

Apostamos por unha PAC ben dotada e sen renacionalizacións”, defendeu o secretario xeral, “e temos un compromiso claro cunha política europea que poña o centro de atención nas necesidades da cidadanía”.

Nese senso, e co obxectivo de combater a falta de poboación e o abandono do rural, Gonzalo Caballero avogou por impulsar os sectores primarios para “ter actividade económica pegada aos territorios”.

SARRIA

No que atinxe a Sarria, o líder socialista sinalou que Pilar López “representa a capacidade de traballar para o seu pobo” e asegurou que “a Sarria iralle ben cun goberno socialista” que porá “os intereses colectivos por riba dos persoais”.

Proba do seu compromiso coa vila, como recordou, é a feira á que asistiu, que foi “relanzada” polo actual equipo de goberno. “Amosa a capacidade de avanzar”, engadiu Gonzalo Caballero.

Pola súa banda, a rexedora explicou que Sarria “necesita fomentar a industria” e, nese senso, aludiu a un proxecto que se porá en funcionamento “en breve grazas ao compromiso do Ministerio de Fomento”.

O polígono estaba paralizado polo PP, pero volveuse activar”, puxo en valor Pilar López, consciente de que na actualidade hai “cero metros de solo industrial” no seu concello e “o necesitamos para seguir avanzando” e “para que as empresas non teñan que marchar”.

BARALLA

Un pouco máis tarde, nun mitin en Baralla, Gonzalo Caballero describiu a Jaime González como “o candidato óptimo” para “dar un cambio” a esta vila.

Para acabar con máis de 30 anos de malas políticas e amiguismos do PP”, argüíu o candidato á alcaldía, quen destacou varias das iniciativas que quere poñer en marcha como un centro de día para atender aos maiores, un aparcadoiro para camións, un edificio público para as asociacións municipais e novas rutas de sendeirismo, así como promocionar a Vía Küning como motor de novas oportunidades económicas.

Ademais, denunciou “a continua discriminación do PP na Xunta cos veciños de Baralla”, que se concreta en que non hai novos investimentos, o centro de saúde non ten médico de garda nin pediatra, non hai cobertura en moitas parroquias do Concello e non hai ningún técnico agrario para atender as demandas do sector primario.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+