Información
Localidades de Galicia

O CLAUSTRO DA USC APROBA A SUPRESIÓN DA OBRIGATORIEDADE DO B1 PARA OBTER UN TÍTULO UNIVERSITARIO

Información
11 Mayo 2019 352 votos
5 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 Rating 100%
A institución universitaria respondeu ás demandas sinaladas pola Candidatura Unitaria Estudantil, que facían fincapé no custo económico producido pola acreditación do título
 
O equipo de goberno da universidade compostelá propuxo este venres 10 de maio, de acordo coas demandas do movemento estudantil, o retiro da acreditación do B1 como condición indispensable para graduarse. A proposta aprobouse pola mañá na sesión ordinaria do Claustro e foi respaldada pola Candidatura Unitaria Estudantil (CUE), a agrupación estudantil que canalizou a reivindicación e protagonizou as conversas co equipo reitoral.
 
As asembleas de estudantes viñan esixindo a gratuídade do título ou a supresión da súa acreditación desde 2017 e analizan en positivo o traballo realizado nos órganos de representación da Universidade que deu na resolución desta e outras problemáticas.
 
No vindeiro Consello de Goberno da USC, que terá lugar o 28 de maio, tramitaráse como se vai levar todo isto adiante, pero nos, como estudantes faremos todo o posible para que iso se cumpra o antes posible.