Información
Localidades de Galicia

Xulio Ferreiro lle da "alas" a concesionaria das bibliotecas para que siga sen pagar as nóminas dos traballadores/as

Información
09 Mayo 2019 376 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Os traballadores e as traballadoras das bibliotecas municipais da Coruña xestionadas pola empresa LTM Servizos Bibliotecarios acordaron, por unanimidade, convocar folga indefinida a partir do 20 de maio, sen non se procede ao abono inmediato dos salarios "e á asunción dun compromiso de pago en tempo e forma por parte da empresa e do Concello".

 

A decisión chega no marco do proceso de municipalización do servizo das bibliotecas por parte do Concello, que o persoal da contrata segue "con fonda preocupación". Explican que dende a data de finalización do contrato  da Administración municipal coa empresa LTM Servizos Bibliotecarios, o pasado 31 de xaneiro, "atopámonos á espera da definición da fórmula de xestión das bibliotecas das que somos traballadoras e traballadores e nunha situación, por tanto, precaria e de vulnerabilidade absoluta".

Neste senso, engaden que a empresa ten manifestado en reiteradas ocasións a súa vontade de pór fin á vinculación co Concello, que dende xaneiro se mantén co pago contra factura mes a mes. "Levamos nesta situación tres meses sen que desde o goberno municipal se lle dea unha resolución axeitada e definitiva, co agravante neste momento do impagamento dos salarios ao conxunto de traballadoras e traballadores".

Falta de garantías para o persoal

Dende o comité salientan o malestar polo feito de que, a menos dun mes para as eleccións municipais, o goberno estea a amosar "unha incapacidade manifesta para levar adiante de forma solvente, rigorosa e fiábel, un proceso de internalización da xestión do que fixo bandeira, e que se alongou até o día de onte, sen ofrecer en ningún momento garantías reais e prazos fiábeis para a súa resolución".

Nos tres anos transcorridos desde o anuncio da municipalización, continúan, "foron innumerábeis os cambios de criterio, data, fórmula e metodoloxía para facer realidade esta promesa", co conseguinte desgaste, preocupación e desacougo que viviu neste tempo todo o cadro de persoal sobre a súa realidade laboral, "á que agora sumamos os prexuízos do impagamento de nóminas".

Con estes antecedentes "e constatando esta mesma semana a incapacidade do goberno para cumprir cos compromisos que el mesmo comunica", como o referido á resolución do conflito económico coa empresa que permita efectuar o pago dos salarios, o comité esixe unha solución con garantías e seguridade xurídica para o conxunto do cadro de persoal "no curto, medio e longo prazo".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+