Información
Localidades de Galicia

O maior tajo de cartos públicos "336.000 euros " se vai para financiar praias de Valdoviño.

Información
03 Mayo 2019 306 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Deputación achegará 280.000 € (o 80,00 % do orzamento total do proxecto, que ascende a 350.000 €) para financiar as obras de mellora dos accesos ás praias de Meirás, no concello de Valdoviño, nunha actuación que contribuirá á rexeneración ambiental e a reordenación da zona e permitirá trasladar a Festa do Porto dun enclave de especial interese natural que está considerado espazo protexido

 

O proxecto contempla actuacións de mellora en camiños municipais e equipamentos de ocio existentes no acceso ás praias do entorno da parroquia de Meirás e inclúe a ordenación e mellora da accesibilidade aos espazos das praias de Mourillá, Frouxeira, o acceso a Punta Foruxeira, o Portiño e a súa capela, a dotación dunha zona de aparcamento disuasorio e o acondicionamento do campo anexo como espazo de lecer para a práctica de actividades e deportes relacionados coa natureza.

As obras pretenden contribuír ao fomento dun turismo de calidade, creando accesos adaptado a todas as persoas e con respecto á biodiversidade, á paisaxe e a riqueza natural do territorio.

Neste sentido, o litoral de Valdoviño está recoñecido como espazo natural e de ocio de especial relevancia e o proxecto busca eliminar os colapsos de vehículos que, en temporada alta, se producen nas entradas das praias e dificultan o uso do espazo e prexudican a calidade ambiental da zona.

A proposta construtiva contempla a colocación de beirarrúas perimetrais de dimensións suficientes para o tránsito de persoas con mobilidade reducida a pavimentación dos viais e a diferenciación da zona de aparcamento para unha mellor delimitación e organización do tráfico rodado. Habilitaranse tamén pasos de peóns a nivel e zonas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida e acondicionarase o actual campo da festa como un espazo multiocio para a práctica de actividades ao aire libre.

Novos aseos e postos de socorrismo

Valentín González Formoso e Alberto González asinaron tamén un convenio que permitirá dotar ás praias do concello de mellores servizos coa adquisición de novos aseos e postos de socorrismo portátiles. Suporá un investimento de 84.700 euros, dos que o 80% (56.000 €) serán achegados pola Deputación.

Isto permitirá a adquisición de tres instalacións portátiles de aseos e catro para postos de socorrismo, que serán instalados polo Concello de Valdoviño nas praias do municipio que non contan con instalacións destas características coma Baleo, Vilarrube, Campelo ou Outeiro.

As novas instalacións serán totalmente accesibles e estarán fabricadas con perfís metálicos e envolvente exterior de madeira, de forma que se produza una integración respectuosa co medio ambiente e o entorno natural onde se ubicarán.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+