Información
Localidades de Galicia

Verdegaia denuncia un vertedoiro ilegal de residuos industriais en Baleira

Información
19 Abril 2019 318 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O terreo foi colapsado con neumáticos, entullos de construción e residuos perigosos como chapas de amiantoO terreo foi colapsado con neumáticos, entullos de construción e residuos perigosos como chapas de amiantoO vertedoiro ilegal está situado no lugar de Castiñeiras (Fonteo)


Lugo, 19 de abril de 2019. A asociación ecoloxista Verdegaia vén de alertar sobre a existencia dun vertedoiro ilegal e incontrolado de residuos industriais nunha parcela próxima ao lugar das Castiñeiras, na parroquia de Fonteo (Baleira, Lugo). A parcela, designada como masa común nun proceso recente de concentración parcelaria, converteuse nunha verdadeira mole na que se amorean neumáticos, entullos procedentes de construción e mesmo residuos perigosos como chapas de fribrocemento con amianto ou electrodomésticos.
O volume e acumulación de residuos é tal que xa se teñen producido desprendementos cara a estrada contigua, ante a absoluta inatención e neglixencia das administracións. Como masa común resultante do proceso de concentración parcelaria, a parcela é de titularidade pública e responsabilidade da Consellaría de Medio Rural que, non obstante, vén deixando moitos destes terrenos en estado de grave abandono, converténdose en potenciais focos incendiarios ou vertedoiros ilegais como ilustra este caso.
A veciñanza dos lugares próximos vén cursando desde fai un ano diversas e repetidas denuncias e reclamacións ante as consellarías comptentes, o SEPRONA e o Concello de Baleira, administracións desde as que non se adoptou ningún tipo de medida correctora a pesar de constatarse como mes trás mes o volume de residuos vén aumentando. Por este mesmo motivo desde Verdegaia anunciouse que se interporá en datas próximas denuncia formal ante a Fiscalía de Medio Ambiente de modo que se identifiquen as empresas e persoas responsábeis polos presuntos delitos ambientais, máis tamén para que se deslinden as responsabilidades das administración que veñen consentindo a proliferación deste tipo de vertedoiros.
Verdegaia reclama ademais que se proceda á recuperación ambiental e selado do vertedoiro, que se sitúa na zona da nacente do río Eo e nas proximidades da Zona de Especial Conservación “A Marronda”, declarada parte da Rede NATURA 2000.


Anexos: fotografías e esbozo de localización
Situación do vertedoiro: 43.063756, -7.272476https://www.google.com/maps/place/43%C2%B003'49.5%22N+7%C2%B016'20.9%22W/@43.0637574,-7.2732521,18z/