Información
Localidades de Galicia

Ana Pontón acusa a Feixóo de amparar as prácticas mafiosas de ENCE

Información
19 Abril 2019 196 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A portavoz nacional, Ana Pontón, decidiu colocarse diante de ENCE para denunciar as pintadas ameazantes contra a candidata ao Congreso por Pontevedra, Carme da Silva, no seu propio domicilio por segunda vez en apenas unha semana, un “escrache covarde” contra unha candidata e contra o BNG do que responsabilizou ao PP e a pasteira.

 

O obxectivo, denunciou, é frear a un BNG en remontada é evitar que Galiza sexa decisiva no Estado da man dunha forza que conseguirá o trasladado de ENCE fora da Ría de Pontevedra.

“Conseguiremos ser decisivos e ter voz no Congreso para pararlle os pes a ENCE, para acabar coas portas xiratorias e para pararlle os pés a esas políticas mafiosas que está amparando e propiciando o PP en Galiza, e das que Feixóo é cómplice porque non vimos nin unha soa condena, nin vimos que estivesen alarmado polo acoso a unha candidata doutra forza política”, denunciou, “pero non nos amedrentan nin van conseguir o seu obxectivo porque os galegos e as galegas lle van dar unha lección nas urnas desde esa corrente de simpatía cara o BNG”, salientou.

Pontón lembrou que o Bloque está disputando os escanos a Vox e CDs en Pontevedra e A Coruña, e o 28A logrará que en Galiza non entre “esa dereitona carca, machista e antigalega” porque Carme da Silva vai ser deputada “vai ser a voz firme que logre que a pasteira abandone a ría e recuperala para xerar máis emprego e oportunidades, como se fixo noutras cidades mudando a localización de industrias contaminantes”, explicou.

A representación do Bloque tamén asume como compromiso acabar coas portas xiratorias, “autentico foco de corrupción en A”  que as empresas do IBEX-35 usar para comprar a expolíticos do PP, e tamén do PSOE, para os seus intereses, como demostrou a “ilegal” prórroga a pasteira.

“Pon os pelos de punta ver como exministr@s e mesmos expresidentes como Aznar ou González pasaron do Goberno do Estado directamente a sentarse nos consellos de administración de multinacionais como ENCE, ENDESA, Gas Natural ou Iberdrola. Alguén pensa que se gastan millóns de euros en salarios a cambio de nada? E a cambio de favores que pagamos todas e todos. Neste país cun prezo moi alto cunha ría de Pontevedra contaminada e cunha política forestal contra o noso monte”.

“Non imos dar un só paso atrás porque ENCE ten que saír da Ría de Pontevedra e imos volver colocar Galiza na política de Estado dándolle voz propia a Galiza o 28A da man dos deputados e deputadas do BNG como Carme da Silva”, concluíu