Información
Localidades de Galicia

A Audiencia condena a 41 anos de cárcere ao home que asasinou a un mozo en Chapela a noite de San Xoán

Información
17 Abril 2019 198 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, condenou a 41 anos de cárcere ao home que asasinou a un mozo dun disparo no peito na praia de Arealonga, en Chapela, durante a noite de San Xoán de 2017. O sospeitoso foi sentenciado a 24 anos de prisión como autor dun delito de asasinato, a 10 anos por tentar asasinar a outro mozo e a cinco anos por intento de homicidio aos dous axentes da Policía Nacional que o detiveron. A Audiencia tamén lle impuxo dous anos de cárcere por cometer un delito de tenencia ilícita de armas.

 

A sentenza indica que, tal e como considerou acreditado o Tribunal do Xurado, o sospeitoso tratou de asasinar na praia a outra persoa disparándolle por detrás. “Levou a cabo todos os actos que producisen ou puidesen producir naturalmente a morte do mozo, e que só a súa impericia ou as dificultades ao realizar o disparo impediron que lle alcanzase”, relata.

A resolución sinala que o condenado “non tivo en ningún momento intención de ensinar as mans ou renderse” ante os dous axentes que o arrestaron, senón que tratou de introducir a man nunha bandoleira. “Dado que alí levaba un revólver e que xa matara con anterioridade a un mozo e disparara a outro por detrás, é fácil concluír que a súa intención era a de sacar o revólver e disparar, non só asustalos”, indica o fallo.

A Audiencia destaca que os axentes xa lle estaban apuntando cunha arma, “de forma que mal podía pensar que ía intimidalos dalgún modo”. Ademais, salienta que anteriormente “omitira calquera signo de advertencia a quen disparara na praia, séndolle máis fácil”, polo que conclúe que “máis ben tivo sorte de que a reacción dos axentes fose máis valente e atinada ao optar por reducilo en vez de dispararlle en defensa propia”.

***

La Audiencia condena a 41 años de cárcel al hombre que asesinó a un joven en Chapela la noche de San Juan

 

17/04/2019.- La sección quinta de la Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, de acuerdo con el veredicto del Tribunal del Jurado, ha condenado a 41 años de cárcel al hombre que asesinó a un joven de un disparo en el pecho en la playa de Arealonga, en Chapela, durante la noche de San Juan de 2017. El sospechoso ha sido sentenciado a 24 años de prisión como autor de un delito de asesinato, a 10 años por intentar asesinar a otro joven y a cinco años por intento de homicidio a los dos agentes de la Policía Nacional que lo detuvieron. Además, le ha impuesto dos años de cárcel por cometer un delito de tenencia ilícita de armas.

La Audiencia indica en la sentencia, que, tal y como consideró acreditado el Tribunal del Jurado, el sospechoso trató de asesinar en la playa a otra persona disparándole por la espalda. “Llevó a cabo todos los actos que hubieran producido o podido producir naturalmente la muerte del joven, y que sólo su impericia o las dificultades al realizar el disparo impidieron que le alcanzase”, relata.

La sentencia indica que el condenado “no tuvo en ningún momento intención de enseñar las manos o rendirse” ante los dos agentes que lo arrestaron, sino que trató de introducir la mano en una bandolera. “Dado que allí llevaba un revólver y que ya había matado con anterioridad a un joven y también disparado a otro por la espalda, es fácil concluir que su intención era la de sacar el revólver y disparar a quienes se le estaban oponiendo, y no solo asustarles”, indica el fallo.

La Audiencia destaca que los agentes ya le estaban apuntando con un arma, “de forma que mal podía pensar que iba a intimidarlos de algún modo”. Además, subraya que anteriormente “había omitido cualquier signo de advertencia a quienes había disparado en la playa, siéndole más fácil”, por lo que concluye que “más bien tuvo suerte de que la reacción de los agentes fuera más valiente y atinada al haber optado por reducirlo en vez de haberle disparado en defensa propia”.