Información
Localidades de Galicia

Endesa vén de cometer a maior agresión laboral da súa historia e non vai quedar sen resposta

Información
14 Abril 2019 121 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Traballadores/as en activo, prexubilados/as, persoal xubilado e/ou con vinculación á Endesa mobilizáronse este venres diante do Hotel Marriot Auditorium de Madrid, en defensa do seu convenio colectivo e para esixir que se respecten os beneficios sociais conquistados por estes/as traballadores/as en anos de loita. A protesta coincidiu coa celebración da Xunta Xeral de Accionistas da multinacinoal, na que interveu Fernando Blanco, responsábel de Enerxía da CIG e prexubilado da central das Pontes, e cunha xornada de folga xeral en todo o grupo.

 

Na súa intervención, Blanco denunciou que Endesa vén de cometer "a maior agresión laboral da súa historia e por iso hoxe estamos aquí". Con ese "estamos" referíase aos centos de compañeiros e compañeiras que onte saíron das Pontes en cinco autobuses para participar na protesta deste venres en Madrid. Mais, engadiu, "estamos aquí tamén por quen pola súa idade non pode vir e polos compañeiros sindicalistas mortos".

Lembrou a Xosé Luis Muruzábal, que pasou un mes no cárcere por terse pendurado na cheminea da central das Pontes pedindo melloras salariais e laborais; a Aniceto López Pestaña, que botou dez días en folga de fame defendendo un convenio; ou a Belarmino Fernández Hevia, "que deu a cara cando a policía nos aporreaba en Pontedeume"; entre outros. "Tamén estamos por eles, porque deixaron unha herdanza. E a herdanza no campo sindical chámase convenios colectivos, é a historia escrita das nosas relacións, e ímolos defender", aseverou.

A este respecto, Blanco lanzou unha advertencia á cúpula directiva da multinacional: "a partir de hoxe imos ser a súa particular dor de oídos, porque aínda que non queiran vannos ter que escoitar". O sindicalista denunciou o "ninguneo" da dirección á representación do persoal durante a xunta de accionistas e criticou a chantaxe e a imposición unilateral da empresa na decisión de suprimir os dereitos adquiridos.

"Fan isto por diñeiro"

"Os traballadores e as traballadoras galegas non somos mercadoría colonial de ninguén", reivindicou ante o auditorio, ao tempo que acusaba á dirección de "utilizar consignas baratas" baixo o eufemismo das "relacións laborais modernas" para xustificar este roubo ao persoal. "Aquí non hai nada moderno. Fan isto por diñeiro", espetou.

Nesta liña, incidiu no feito de que a Endesa, malia os millonarios beneficios que ten, recorra aos aspectos máis negativos da reforma laboral para suprimir os beneficios sociais dos seus traballadores/as. "Pero esta agresión terá resposta", repetiu, e por iso fixo un chamamento a todas as organizacións sindicais con representación e aos colectivo de persoal pasivo a dar unha resposta á altura das circunstancias, "a unidade non se pode debater é unha necesidade, se estamos xuntas e xuntos e cos obxectivos claros non pasarán".

Endesa aprovéitase da reforma laboral

A folga e a protesta deste venres enmárcanse no calendario de mobilizacións que o persoal está a realizar dende que o pasado mes de decembro Endesa (propiedade nun 70% da empresa pública italiana Enel), dera por decaído o IV convenio colectivo e comezara a comunicarlle ao denominado persoal pasivo a supresión dos beneficios sociais que até agora tiñan, valéndose da limitación da ultravixencia introducida na reforma laboral de 2012.

Con esta decisión, Endesa deixa sen marco regulador de referencia os seus máis de 8.000 empregados e empregadas e aproveitando esta circunstancia pretende eliminar (a partir de xullo deste ano) os beneficios sociais e económicos que tiñan recoñecidas as clases pasivas (prexubilados/as, xubilados/as, viúvas e orfos/as), que forman un colectivo de máis de 27.000 persoas. Entre estes beneficios atópase a bonificación da tarifa eléctrica, un dereito que, lembran, non foi regalado, senón que tiveron que conquistar e que ademais forma parte do salario en especie.

Cómpre subliñar que as reservas estimadas que Endesa ten que facer para esta partida suman uns 700 millóns de euros "que Enel quere roubarnos para repartilos entre os accionistas". Contra esta actuación empresarial presentouse demanda de conflito colectivo, mais a Audiencia nacional inclinouse a favor de Endesa, aínda que a presidenta da sala do Social emitiu un voto particular no que entende que a demanda debería ter sido admitida a trámite porque a decisión unilateral da empresa de suprimir os dereitos do persoal é contraria á dereito. Así as cousas, as organizacións sindicais teñen recorrida agora a decisión no Tribunal Supremo.

24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)