Información
Localidades de Galicia

GONZALO CABALLERO: “ATA RAJOY SE DÁ CONTA DE QUE O PP PERDEU O RUMBO ”

Información
14 Abril 2019 81 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este sábado A Coruña, un día despois de estar en Vigo e Ourense, para estar en contacto coa cidadanía antes de participar nunha cea-mitin en Vilalba en compañía da candidata á alcaldía, Elba Veleiro.


Dende a cidade herculina, o líder dos socialistas galegos fixo referencia ás declaracións do ex-presidente pedindo “moderación” aos seus para concluír que “ata Rajoy se dá conta de que o PP perdeu o rumbo” e de que a súa viraxe á ultradereita é “unha estratexia errada”.


“Na súa aposta por aliarse con Vox, o PP afastouse de toda a cidadanía que quere que o país siga avanzando e prosperando”, explicou Gonzalo Caballero, quen remarcou que “o PP perdeu o sentido común que lle reclama Rajoy”.


Fronte a iso, o máximo dirixente do PSdeG recalcou que só o PSOE representa “o voto útil” para continuar na senda de progreso.


E é que, como destacou, o goberno que encabeza Pedro Sánchez demostrou que é posible “gobernar para a maioría” e traballar para que a recuperación económica chegue a todos os fogares. Así o evidencian, apuntou, decisións como a suba das pensións e do SMI ou os plans de emprego para mozos.


Por iso, Gonzalo Caballero chamou a toda a cidadanía a participar nas vindeiras eleccións xerais, nun contexto no que están en xogo cuestións tan relevantes como o dereito a interromper o embarazo ou a loita contra a violencia machista. “Ninguén pode quedar de perfil”, finalizou.

VISITA Á CORUÑA


Gonzalo Caballero fixo estas declaracións no transcurso dunha visita á Coruña, onde aproveitou para anunciar que o vindeiro martes estará en Galicia Pedro Sánchez para visitar Ourense e Vigo.


Ademais, o secretario xeral do PSdeG puxo en valor a candidatura que a nivel municipal encabeza Inés Rey e recordou que a cidade herculina só f

24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)