Información
Localidades de Galicia

Dende a MIB gustaríanos recoñecer a vontade que tiveron os políticos responsables destas decisións, o Presidente e Vicepresidenta da Deputación de A Coruña e o Presidente da Deputación de Lugo.

Información
12 Abril 2019 78 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia composta polos sindicatos CIG, CCOO, UGT e SIBGAL leva  traballando dende fai anos na procura do cambio de modelo de xestión indirecta que funciona dende os primeiros anos deste século nos Consorcios contra Incendios e Salvamento en toda Galicia, primeiro nos Consorcios Comarcais e logo nos Consorcios Provinciais.

 

Este traballo levounos a conquerir unha serie de fitos nos diferentes Consorcios Provinciais que a continuación detallamos:


O Consorcio Contraincendios e Salvamento de Lugo xa aprobou o cambio de modelo de xestión fai meses, unha decisión tomada de maneira unánime polo Pleno do Consorcio, composto a partes iguais pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.

O paso á xestión directa será efectivo a partires do dia 1 de Maio, pasando os bombeiros  a formar parte do persoal propio do consorcio.


O pleno do Consorcio Contraincendios e Salvamento da Coruña celebrou sesión ordinaria hoxe dia 12/04/2019 e nela aprobouse o cambio de modelo de xestión indirecta, a través de varias empresas, á xestión directa, que será asumida polo propio Consorcio Provincial.

O cambio de modelo será efectivo a partires do 1 de Xaneiro de 2020, sendo o persoal operativo subrogado polo Consorcio Provincial.


No resto de provincias os Consorcios Provinciais teñen contratos en vigor coas empresas que prestan o servizo ata mediados de 2021. A Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia comezará a traballar cos devanditos  Consorcios unha vez que as eleccións municipais de Maio clarifiquen a composición das Deputacións Provinciais, para ir adiantando dende xa o traballo para acadar no ano 2021, un servizo Contraincendios e Salvamento de xestión Pública en todo  o noso País e poder avanzar deste xeito nun sistema integral de emerxencias galego.


Queremos salientar aquí o traballo conxunto neste eido dos sindicatos que compoñen a MIB, que foron quen de unirse, como un só, para conquerir os obxectivos marcados.


Dende a MIB gustaríanos recoñecer a vontade que tiveron os políticos responsables destas decisións, o Presidente e Vicepresidenta da Deputación de  A Coruña e o Presidente da Deputación de Lugo.


Tamén queremos salientar o esforzo feito pola Xerente do Consorcio de Lugo ademáis de outros moitos que traballaron arreo dende os propios servizos xurídicos dos sindicatos e o apoio legal que nos ofreceu sempre o Consello Galego de Relacións Laborais.


Salientar o diálogo fluído que puidemos manter sempre co exDirector Xeral de Emerxencias, agardando que coa toma de posesión do novo Director Xeral o tono sexa similar co fin único que todos defendemos, conquerir un sistema de emerxencias en Galicia á altura dos seus cidadáns.


Este dende logo non foi, nin será, un camiño doado, pero con decisións coma as tomadas en Coruña e Lugo, e co traballo incansable dos Bombeiros que compoñen a MIB, e os que a compuxeron no seu dia, así como  co apoio, comprensión e paciencia dos Bombeiros de Galicia, o obxectivo está máis preto.

24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)