O Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Vigo emitiu unha sentenza pioneira na que aplica a doutrina que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) estableceu nunha sentenza do pasado 24 de febreiro, segundo a cal a normativa española que exclúe das prestacións por desemprego ás empregadas de fogar é contraria ao dereito da Unión. O maxistrado do Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Vigo, tras expor unha cuestión prexudicial ante o TXUE para que se pronunciase sobre ese asunto, declarou o dereito dunha muller a cotizar, como empregada de fogar, pola continxencia de desemprego. Desta forma, acolleu parcialmente o recurso interposto pola afectada fronte á Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS), á que condenou “a estar e pasar por tal declaración, o que supón remover sen demora os obstáculos que impidan ou dificulten ese dereito”.

O Xulgado de Instrución número 1 de Ourense concluíu a investigación sobre as declaracións realizadas polo alcalde de Ourense en 2019 nas que afirmou que nese momento existía “unha mafia dentro da Policía Local” relacionada coa imposición de multas da que formaba parte un axente, que tamén é delegado de UXT no Concello. O maxistrado ordenou que se continúe a tramitación das dilixencias polos trámites do procedemento abreviado, por se os feitos imputados ao rexedor municipal fosen constitutivos dun delito contra a honra.

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a dúas persoas que, en setembro de 2020, roubaron teléfonos móbiles no interior dun establecemento situado na rúa Cobián Roffignac, en Pontevedra.

Mesa redonda contra a guerra en Ucraína

Información
Hoy es noticia | 23 Marzo 2022 | 218 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Estamos organizando varios actos en Galicia , para denunciar a guerra de Ucrania, mostrar a nosa solidariedade concreta cos cidadáns ucranianos e tamén para poder intercambiar criterios e opinións sobre que repercusiones pode ter para o noso país e para a nosa xente.

Y eso que Feijóo no ha votado. El DEMAEHE* tampoco lo hacía.

Tanto si se pone usted la mano en el corazón como en la cabeza, siempre llegará a la conclusión de que, salvo escasas excepciones, un español se parecerá más a otro español que a un búlgaro, y viceversa.

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña inhabilitou durante dez anos para emprego ou cargo público á exconcelleira do BNG no Concello de Fene que en 2017 decidiu suspender un pleno no que se ía a debater unha moción de censura do PP e Somos Fene contra o Goberno local do BNG. O tribunal, que a considerou responsable dun delito de prevaricación administrativa, relata na sentenza que a acusada, na súa condición de concelleira de maior idade, presidía o pleno do Concello e, a pesar de ser informada pola Secretaria de que se estaban cumprindo os requisitos legais e de ter coñecemento de que había resolucións xudiciais que avalaban a súa celebración, decidiu, “de maneira unilateral e abusando da súa posición, sen contar co criterio da outra concelleira integrante da mesa”, que a moción deixara de reunir os requisitos legais e suspendeu o pleno, evitando o debate e a moción de censura.

O voceiro parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, vén de censurar a ausencia de medidas “serias e contundentes” por parte da Xunta para facer fronte á crise do transporte e do sector primario galego. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento trala comparecencia urxente do presidente da Xunta a petición da oposición.

  • Unidade de acción das organizacións agrarias e presentación de táboa reivindicativa conxunta ás administracións galega e estatal

  • Urxen a un cambio de modelo que poña fin á destrución das pequenas e medianas granxas e garanta alimentos de calidade

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Pontevedra rexeitou acordar a medida cautelar solicitada pola Fundación Española de Avogados Cristiáns consistente en suspender os traballos iniciados para a retirada da cruz dedicada aos caídos da igrexa de Santa Eulalia, situada en Vilagarcía de Arousa.