Ecoloxistas en Acción denuncia o nulo respecto pola vida animal que ten o departamento de Parques e Xardíns do concello de Vigo. Persoal municipal procedeu estes días a baleirar os estanques do parque de A Riouxa, en Teis, e limpialos con auga a presión e lixivia. Na operación de mantemento non tiveron en conta os centos de anfibios que habitaban nos estanques, os cales morreron desprovistos do seu hábitat. 

AO ALCALDE DO CONCELLO DE MIÑO

Información
Hoy es noticia | 01 Mayo 2022 | 545 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Miguel Anxo Abraira Sobrado, portavoz municipal da organización política LiGanDo en Miño 

“A muller de Cesar non só ten que ser honrada; tamén o ten que aparentar.”

Hai varios meses a nosa organización denunciou publicamente que persoas da equipa de goberno se poderían estar beneficiando por actuacións pouco honrosas ao recebir para o seu uso persoal leña saida da creación da Senda dos Sentidos. Este feito xerou grande malestar entre a veciñanza xa que a acción de goberno non debe beneficiar de xeito directo ou indirecto a ningún concelleiro/a.

  • Ecoloxistas en Acción censura  a maraña administrativa tecida coa complicidade de Augas de Galicia para entorpecer o acceso á información pública.

En xuño de 2021, unha vez coñecida a resolución denegando o proxecto da mina de Touro, Ecoloxistas en Acción solicitou acceso ao expediente completo da concesión e atendendo ao estipulado na Lei 27/2006, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, este debería terse resolto no prazo de 30 días.

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un veciño de Arteixo por agredir, en novembro de 2018, ao concelleiro de Urbanismo do municipio por non solucionar os problemas de corte de subministración de auga que sufría a súa nai, pois consideraba que era competencia do departamento que dirixía o afectado. O tribunal considerouno autor dun delito de atentado á autoridade e dun delito de lesións, polos cales lle impuxo un ano de cárcere e o pago dunha multa de 2.520 euros. Ademais, condenouno a indemnizar á vítima con 1.588 euros.

Reportaxe sobre a xestión da auga na comarca de Vigo

Información
Hoy es noticia | 25 Abril 2022 | 462 Votos | Correo electrónico | Imprimir
  • Ecoloxistas en Acción Rías Baixas realizou unha videoreportaxe para avaliar a marxe de mellora na xestión da auga na comarca de Vigo ante o anuncio da construción de grandes infraestruturas de captacións de auga.
O Centro de Servizos ao transporte que a Zona Franca de Vigo pretende construír en Torneiros, é una auténtica aberración á que deberían opoñerse todos os grupos municipais do Concello, Asociacións Veciñais e Comunidade de Montes.
 

A Audiencia Provincial de Pontevedra rexeitou o recurso interposto por Comboios de Portugal e pola esposa dun dos falecidos, ao que se adheriron outras tres persoas, contra o auto do Xulgado de Instrución número 2 do Porriño que decretou, en marzo de 2021, o sobresemento provisional das dilixencias relativas ao descarrilamento do tren Celta, que une Vigo e Porto, sucedido en 2016 na entrada da estación do Porriño. Dos 420 viaxeiros que ían no convoi, faleceron catro e 47 resultaron feridos.

 

En reiteradas ocasións DMD Galicia  veulle reclamando á Xunta de Galicia que dispuxese os medios necesarios para facer efectivo o dereito á prestación sanitaria de morte asistida medicamente, conforme ao previsto na Lei Orgánica de regulación da Eutanasia (LORE).

¡ESTE AÑO SÍ! VUELVE A CARBALLEIRA DE ZAS

Información
Hoy es noticia | 19 Abril 2022 | 376 Votos | Correo electrónico | Imprimir
  • Tras dos años sin Carballeira, ¡este año volvemos con más fuerza que nunca!

  • Cambio de fecha, pasamos del primer al segundo fin de semana de agosto, los días 12 y 13

  • En el festival se darán cita entre otros Heredeiros da Crus y Rura

  • Hoy se abre la venta online de entradas, tanto de días sueltos como de bonos