O Colexio de Xornalistas apoia a manifestación "Por unha CRTVG ao servizo do pobo"

Información
Hoy es noticia | 06 Octubre 2022 | 665 votos | Correo electrónico | Imprimir

La herencia de María del Mar sobre la manipulación del "ALO DIVINIDAD  FEIJÖO" en todos los telexornais de la CRTVG tipo Maduro deja Huella en los  jugados con sentencias reiteradas. | XornalA Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia apoia a manifestación convocada polo Comité Intercentros da CRTVG e unha trintena de colectivos para o domingo 6 de novembro ás 12:00 horas en Santiago de Compostela. As reclamacións da marcha, convocada baixo o lema "Por unha CRTVG ao servizo do pobo", son coincidentes co modelo de medios públicos que o CPXG leva anos reivindicando, baseado na profesionalidade, a independencia, o pluralismo, a información de proximidade e a igualdade de xénero.  

 

O Comité Intercentros da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e máis de trinta organizacións e colectivos políticos, sindicais e sociais galegos convocaron o pasado 5 de outubro unha manifestación baixo o lema “Por unha CRTVG ao servizo do pobo”. A marcha, que sairá o domingo 6 de novembro ás 12;00 da Praza Roxa de Santiago de Compostela, organízase coa vontade "de defender a existencia dunha radiotelevisión pública que difunda contidos destinados a garantir a cultura e a lingua galega, a independencia e a veracidade da información, o pluralismo, a cohesión social e territorial, a promoción dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas, como a igualdade e a non discriminación, e a calidade da propia democracia". Carlos Jiménez: Condena firme a la Televisión de Galicia por la persecución  política de un periodista durante el mandato de Feijóo | Galicia | EL PAÍS

O conxunto de reivindicacións expresadas no manifesto da convocatoria, dado a coñecer polas entidades asinantes, concorda coas liñas de traballo que sempre defendeu para os medios públicos o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en correspondencia cos seus obxectivos, marcados nos estatutos, de garantir a independencia informativa e defender o dereito a liberdade de información e de expresión da sociedade galega. Máis aínda: cuestións como a obxectividade e imparcialidade, o pluralismo, a información de proximidade, o uso do galego, o fomento da igualdade ou a aprobación do Estatuto Profesional e o Consello de Informativos non son só reclamacións deste Colexio ou do conxunto da profesión, senón que son mandatos legais da radio e televisión públicas galegas, e están entre os principios de servizo público que fundamentan mesmamente a súa existencia.  La CRTVG tutelada por María del Mar amenaza con eliminar al espacio de  'regueifas' por lucir camisetas de #defendeagalega. | Xornal Galicia

Desde o seu nacemento, o Colexio de Xornalistas ten expresado a convicción de que o estabelecemento dun modelo de medios públicos baseado na profesionalidade, que garanta a súa independencia e pluralidade, é un dos principais retos do xornalismo galego. A aprobación da Lei 9/2011, na que participou o Colexio, significou un paso adiante neste camiño, mais a día de hoxe seguen sen se cumprir algunhas das súas disposicións máis relevantes. Unha vez máis, reiteramos que o cumprimento íntegro da Lei é imprescindíbel para avanzar na profesionalización e desgobernamentalización da CRTVG e garantir o acceso da cidadanía a unha información veraz, plural e independente. E todo iso sen esquecer que nesta década se teñen formulado novos desafíos no mundo da comunicación, como a irrupción das plataformas dixitais, que esixen unha actualización do modelo dos medios públicos, sempre na liña dos obxectivos de servizo público e defensa da liberdade de información.La CRTVG tutelada por María del Mar amenaza con eliminar al espacio de  'regueifas' por lucir camisetas de #defendeagalega. | Xornal Galicia

Por todo isto, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere apoiar a manifestación do vindeiro 6 de novembro e o resto de accións reivindicativas organizadas polos colectivos convocantes, e chama ao conxunto da profesión xornalística galega a sumarse a elas na defensa dunha CRTVG verdadeiramente pública, baseada nos principios de profesionalidade, independencia, pluralismo e igualdade.

Xunta de Goberno 
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

social youtube xornalgalicia   feed-image