O PSDEG CRITICA A “EXPANSIÓN E DESCONTROL” EN GALICIA DA “ADMINISTRACIÓN PARALELA” QUE XESTIONA CASE O 15% DO ORZAMENTO AUTONÓMICO E TEN UNHA DÉBEDA DE 558 MILLÓNS.

Información
Hoy es noticia | 06 Octubre 2022 | 664 votos | Correo electrónico | Imprimir
Enhorabuena heraldtoupeiras.es : La Xunta de Galicia: Un negocio de familia  y amigos. ¡ Ese es el camino a seguir !. | Xornal Galicia
O deputado socialista Pablo Arangüena destaca que Feijóo fala de austeridade no Estado mentres mantivo 87 chiringuitos en Galicia O deputado socialista Pablo Arangüena destaca que Feijóo fala de austeridade no Estado mentres mantivo 87 chiringuitos en Galicia 
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2022. O parlamentario socialista Pablo Arangüena criticou a “expansión e descontrol” da “administración paralela” en Galicia que se encarga de xestionar case o 15% do orzamento da Xunta e ten unha débeda de 558 millóns de euros. Na Comisión institucional da cámara galega tamén criticou que o expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fale de “austeridade” no Estado, mentres mantivo 87 “chiringuitos” na Comunidade Autónoma. “Se o Sr. Feijóo vai facer no Estado o mesmo que fixo en Galicia, apaga e vámonos”, dixo.Lumes, contaminación, cenizas, mierda, al rico mejillón y Chiringuitos,  guión para la nueva serie #mitribu #ortegaquintana para robar bajo la  dirección de Rosa Quintana. Marca Galicia ¿ to legally steal must go
O representante socialista centrou a súa intervención na que denominou como “administración paralela” da Xunta de Galicia, o que son un total de 87 organismos externos ao corpo da administración xeral da comunidade galega e que xestionan case o 15% do orzamento da mesma, actuando con moitas “menos garantías, controis e transparencia que o resto da administración, sendo por tanto un campo aboado para a discrecionalidade e, potencialmente, corrupción. Estas entidades opacas serven frecuentemente, para o deputado socialista, como un “mecanismo de colocación do PP”, como foi o caso do ex deputado do PP Moisés Blanco en AGADER. 
O último informe de fiscalización do Consello de Contas indica que estes organismos controlan case 1500 millóns de euros, o que supón que case 15 de cada 100 euros do orzamento da Xunta de Galicia vai a parar a estas institucións onde hai empregadas máis de 8000 persoas, cun custo medio por empregado de 37.700 euros anuais. O estado desta administración paralela é denominado por Arangüena como unha situación de “expansión e descontrol”, constadada reiteradamente polo Consello de Contas nos seus informes, nos que se critica reiteradamente a ausencia de controis operativos e de eficiencia destes organismos, así como a súa escasa transparencia.
Denunciou a “opacidade” destas axencias, xa que non se sabe exactamente cantas hai ao non existir un rexistro oficial das mesmas, algo ao que está obrigado o goberno galego pola LOFAXGA, aprobada por vostedes mesmos” no ano 2011 e que levan máis dunha década incumprindo, resaltou Arangüena, o que convirte a Galicia nunha excepción entre as CCAA do Estado.Sabría el Director General de la Marina Mercante para que diablos sirven  las 7 zonas radioeléctricas y su equipamiento? - Pladesemapesga. Plataforma  en Defensa del Sector Marítimo Pesquero | Pladesemapesga. Plataforma en
O deputado socialista aproveitou a súa intervención para referirse ao expresidente da Xunta e  actual presidente do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo, quen está solicitando ao goberno do Estado “austeridade” e que reduza o seu “gasto burocrático”, mentres que deixou alo menos 87 “chiringuitos” abertos en Galicia trala súa marcha, que en 2008 dicía que eliminaría.
Denunciou así o descontrol da administración paralela de Galicia durante a última década, e puxo como exemplo de mala xestión o IGAPE, que non recuperou o 48% dos préstamos que concedeu, e as sociedades de capital risco participadas pola Xunta de Galicia, que perderon o 58% dos seus investimentos na última década.
social youtube xornalgalicia   feed-image