Denuncian vertidos ao río Eifonso provocados polas perforacións para o tunel da A-52

Información
Hoy es noticia | 04 Agosto 2022 | 632 Votos | Correo electrónico | Imprimir
  • Ecoloxistas en Acción Vigo e as plataformas veciñais Bembrive en Pé e Non ao Vial de Beade denunciaron ante Augas de Galicia e o Concello de Vigo os continuos vertidos ao río Eifonso realizados pola empresa que está realizando as sondaxes para a construción do túnel da nova autovía A-52 Vigo-O Porriño.

     

  • Ambas organizacións sinalan que está infraestrutura é innecesaria ao ter xa construidas outras alternativas: a AP-9, un vieiro de alta capacidade paralelo, e de igual maneira o treito Mos-Porriño da autovía A-55.

  • Ecoloxistas en Acción Vigo e a plataforma veciñal Bembrive en Pé demandan que se evite o grave destrozo ambiental que implicaría as obras do túnel da A-52 e que se libere de peaxes o infrautilizado treito Mos-Porriño da AP-9 para convertilo na saída principal de Vigo cara o leste.

A veciñanza da parroquia viguesa de Bembrive ten constancia de continuos vertidos non autorizados e ao río Eifonso, tributo do río Lagares. Os vertidos, sinalan, proceden das perforacións realizadas no lugar de Palames, preto do muiño do Cristino, segundo recoñeceron os propios traballadores da obra a veciños da parroquia.

Estas perforacións son parte das labores de consultoría e asistencia contratadas á empresa Ayesa para a construcción dun túnel de máis de 3km como variante do treito da nova autovía A-52.

As tres organizacións denunciaron estas verteduras contaminantes ante as administracións competentes: Augas de Galicia e Concello de Vigo. Solicitaron a ambas administracións que se paralicen os traballos das sondaxes ata garantir que non se van producir máis verteduras e ademais que se sancione a empresa por esta agresión ao medio ambiente.

Ademais subliñan o desplifarro de varios centos de millóns de euros que implica a construcción do túnel, cando o trazado da AP-9 vai paralelo á nova autovía A-52 e coa liberación das peaxes deste treito se convertería, sen necesidade de máis obras, na saída principal de Vigo cara Madrid.

“As obras do tunel conlevarán un gran impacto ambiental na nosa parroquia. Xa vemos como nada máis comezar están contaminando as augas”, denuncian desde a plataforma veciñal Bembrive en Pé.

“Rexeitamos está innecesaría infraestrutura e instamos ao goberno do Estado a  que se libere das peaxes ao treito da AP-9 como alternativa ao trazado da A-55. Ademais está liberación xa foi aprobada hai anos en comisión parlamentaria cos votos a favor de, entre outros, os dous partidos que conforman o goberno de España”, sinalan desde Ecoloxistas en Acción Vigo.

GALERÍA FOTOGRÁFICA: https://drive.google.com/drive/folders/1-oz3zq9DZzO-Tu3fTZjJGHWaV5YAo4jS?usp=sharing

social youtube xornalgalicia   feed-image