As Xuventudes Socialistas de Galicia sacaron esta mañá en Lugo unha campaña para recoller 2500 sinaturas coa fin de esirxelle á Xunta de Galicia un maior compromiso co transporte público galego, as súas prestacións e función como eixo vertebrador das comarcas do país e alternativa ante a crise de hidrocarburos.
- · Xurxo Doval, secretario xeral das XSG, sinalou que “levamos 11 anos cun desmantelamento incuberto do autobus, coa perda de liñas importantes, como as nocturnas en tempada estival; ventaxes para a xente nova; e pliegos que non se cumpren; fronte a eles, nós apostamos polo modelo do Goberno de España”
- · Patricia Otero, deputada autonómica, reclamoulle ao PP que dentro das súas competencias complementasen as bonificacións do estado, cun aumento do 20-30% de bonificación con fondos propios autonómicos.
- · Lara Méndez, alcaldesa da cidade, apoiou a iniciativa remarcando que “débese loitar contra a precariedade da mocidade galega, en parte causada polo deficit de servizos públicos, como o do transporte, por iso debemos loitar polo presente e o futuro do país”.