A CGT pide á Fiscalía que investigue enchufes en Navantia

Información
Hoy es noticia | 23 Julio 2022 | 1162 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Xornal Galicia pleno al 15 en el robo y saqueo a Galicia de los solares de  Barreras por un euro, la banda organizada por Feijóo ejecuta la sentencia  denunciada por este diarioAs prazas de Navantia levan dando que falar desde o principio porque a empresa intenta “orientar” os procesos de ingreso.

Como a CGT denunciou en moitas ocasións, son demasiadas as cousas impropias dunha empresa pública, moitas delas posibles pola complicidade da maioría sindical.

Por este motivo, o pasado 2 de marzo a CGT deixou constancia ante notario das catro persoas que ían resultar adxudicatarias na convocatoria das prazas de TS Júnior para a área de Compras de Navantia Ferrol (convocatoria nº 623).

 

Antonte, 20 de xullo, publicouse a listaxe final dos catro adxudicatarios. AS PERSOAS DA ACTA NOTARIAL E DA LISTAXE PUBLICADA POR NAVANTIA COINCIDEN POR COMPLETO.

Só caben dúas explicacións:

  • É unha coincidencia produto da casualidade.
  • Houbo enchufe.

Na nosa opinión, a explicación é a segunda.

Ante esta situación, a CGT de Navantia-Ferrol presentou hoxe un escrito dirixido á Fiscalía de Ferrol informando destes feitos e pedindo que se investiguen para que, en caso de apreciarse delito, se persiga ós responsables dos mesmos.

Navantia é unha empresa PÚBLICA e está OBRIGADA POR LEI a que os procesos de ingresos sexan iguais ós da Administración.

Non está sendo así. De feito, Navantia xa foi incluso condenada nunha sentenza en Cartagena por un proceso de selección que o xuíz cualificou de  “artificioso”  e estimou que non cumprira “os requisitos de publicidade, transparencia e imparcialidade que establece a Lei 7/2007”.  

A CGT vai seguir loitando contra as irregularidades nas contratacións de Navantia e a favor duns procesos de ingreso obxectivos e xustos.

social youtube xornalgalicia   feed-image