EsquerdaUnida denuncia o abandono do monte galego por parte da Xunta e a nula planificación e prevención respecto da masa forestal galega

Información
Hoy es noticia | 23 Julio 2022 | 715 Votos | Correo electrónico | Imprimir

ALIBABABBUSCAPARELLAPARASAQUEAROQUEQUEDADOSLUMESA pesar de contar con máis dun trinta por cen de masa forestal en Galicia, a política da Xunta de Galicia nunca foi encamiñada a protexer e ordenar dito territorio. Así o abandono dos nosos montes é unha das causas principais dos numerosos e cada vez máis virulentos incendios que arrasan Galicia cada ano.

 

Cabe destacar tamén, que o servizo de bombeiros e os seus parques comarcais comezaron un proceso de privatización con Manuel Fraga de presidente, profundáronse co bipartito PSOE-BNG e completáronse na práctica cos sucesivos gobernos de Feijóo e Rueda.

Dita privatización tivo consecuencias non só laborais, con protestas continuas por parte dos traballadores e traballadoras dun servizo fundamental, senón coa entrada de empresas totalmente alleas ao servizo e que buscaron o lucro e non a protección dos montes da nosa terra como obxectivo fundamental, o que se traduciu en carencia de persoal e medios deficientes.

ParaEsquerdaUnida urxe unharestructuraciónintegral das políticas forestais econtra os incendios

A prevención e planificación durante todo o ano debe ser a base das poltícas forestales e non unicamente a extinción cando ocurren feitos tan tráxicos como os acaedidos durante estos últimos días nos montes galegos.

social youtube xornalgalicia   feed-image