Desleixo do goberno Municipal de Miño en relación con temas medioambientais

Información
Hoy es noticia | 12 Junio 2022 | 1535 Votos | Correo electrónico | Imprimir
Diante da noticia saída hoxe na prensa local onde se informa da negativa do Goberno Local de Miño na entrega de documentación para declarar as Marismas da Praia Grande como ENIL desde Ligando Miño queremos manifestar o noso mais  absoluto rechazo por tan lamentable proceder. Que o goberno de Faraldo non atenda aos requerimentos da Xunta no referido á protección das marismas da Praia Grande é síntoma do desprezo ao medio ambiente, o territorio e a veciñanza de Miño. Na lexislattura pasada iniciaronse os trámites para declarar as marismas como un Espacio Natural de Interesse Local pero atópanse parados polo antiecoloxismo manifesto da equipa de goberno.
Que na prensa de hoxe apareza recollida a denuncia feita en sede parlamentaria do desleixo de Faraldo neste asunto é proba da nosa denuncia pública.
Abren sendas con lixo e plantas invasoras, tiran e enterran lixo nos montes municipais -este actuación supuxo que a agrupación ecoloxista ARCO IRIS outorgara o distintivo de "CERDITO COMARCAL" ao Sr Faraldo-, non limpan o molime das propiedades municipais incrementando o perigo de incendio, negam información á Xunta, promoven macro-urbanizacións, negan o cambio climático, ... Ao mesmo tempo que se colocan medallas nas RRSS polo bo traballo en temas medio ambientais.
 
RECLAMAMOS un cambio de actitude inmediata e que abandonen, Faralo e os seus, o seu mal facer. A propaganda e o postureo nas RRSS non solucionan os problemas da veciñanza e si demostran un desequilibrio a hora de ver e enteder a realidade.
 
social youtube xornalgalicia   feed-image