Gómez Reino pide o “cese inmediato” de Rafael Louzán da Federación Galega de Fútbol tras ser condenado por prevaricación

Información
Hoy es noticia | 10 Mayo 2022 | 347 Votos | Correo electrónico | Imprimir

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a Rafael Louzán, ex presidente da Deputación de Pontevedra e actual presidente da Federación Galega de Fútbol (RFGF) a 7 anos de inhabilitación por prevaricación. “Rafael Louzán ten que ser apartado da RFGF inmediatamente”, sinala o deputado de Unidas Podemos Antón Gómez Reino.“É inaceptable que continúe sendo presidente e así o dixemos desde a súa imputación.

A Audiencia vén a ratificar e a poñer sobre a mesa unha vez máis a corrupción do Partido Popular de Feijóo”, alega Gómez Reino, xa que Louzán interpuxo unha demanda contra o deputado por relacionalo por casos de corrupción nos que estaba a ser investigado.

Cando se coñeceu que a fiscalía imputaba a Rafael Louzán, Unidas Podemos presentou unha iniciativa para que a Secretaría de Estado para o Deporte instase á Federación Española de Fútbol a cesalo dos cargos como responsable da Terceira División en todo o Estado.

“Se Louzán está inhabilitado para exercer cargos públicos non pode formar parte dos órganos de goberno, así o recolle os Estatutos da propia Federación Galega”, defende Gómez Reino. Unidas Podemos critica que todo isto suceda co “beneplácito” da Xunta e o “silencio cómplice” do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, que aínda non deu explicacións.

social youtube xornalgalicia   feed-image