Imprimir

O xulgado resolve as cuestións previas sobre o xuízo do Alvia presentadas polas partes

Información
Hoy es noticia | 09 Mayo 2022 | 324 Votos

O Xulgado do Penal número 2 de Santiago de Compostela, que sinalou o inicio do xuízo polo accidente do tren Alvia o próximo 5 de outubro, emitiu hoxe un auto no que resolve cuestións previas expostas polas partes. Nel, a xuíza rexeita a práctica de proba anticipada solicitada por unha aseguradora, pois lembra que transcorreu o prazo legal establecido para a súa admisión. Na resolución, tampouco admite que dous avogados do Estado representen e asistan a ADIF de forma simultánea porque entende que esa solicitude non está xustificada. A maxistrada lembra que calquera letrado “poderá ser substituído polo compañeiro que considere oportuno (ou intervir indistintamente diferentes letrados que formen parte dunha asistencia xurídica integrada por varios profesionais), aínda que non poderá intervir simultaneamente nunha mesma sesión máis dun letrado por parte persoada”.

 

Ademais, a xuíza rexeita a intervención telemática dos abogados, tal e como acordou no auto do pasado 26 de abril, no que explicou que “non se accede á comparecencia e intervención dos letrados por medios telemáticos dadas as dificultades técnicas que poden xurdir e que poderían impedir ou dilatar o adecuado desenvolvemento do xuízo”. Desta forma, indica que só “excepcionalmente e por causas moi xustificadas" se poderá acceder "á intervención puntual dun concreto letrado por medios telemáticos”. Contra o auto non cabe presentar recurso.

 

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 324