Imprimir

Denuncia a matanza de centos de rás no parde de A Riouxa en Teis

Información
Hoy es noticia | 04 Mayo 2022 | 707 Votos

Ecoloxistas en Acción denuncia o nulo respecto pola vida animal que ten o departamento de Parques e Xardíns do concello de Vigo. Persoal municipal procedeu estes días a baleirar os estanques do parque de A Riouxa, en Teis, e limpialos con auga a presión e lixivia. Na operación de mantemento non tiveron en conta os centos de anfibios que habitaban nos estanques, os cales morreron desprovistos do seu hábitat. 

 

A organización ecoloxista sinala que non é a primeira vez que ocurre isto. Un ano atrás, tamén provocou a indignación da veciñanza de Navia cando operarios do concello deixaron morrer moreas de peixes ao baleirar os estanques de dito barrio.

A Riouxa era un dos últimos parques onde se podía escoitar o croar das rás, xa que foron desaparendo dos estanques dos parques da cidade por este xeito agresivo de realizar o mantemento mediante baleirado e limpeza con lixivia e auga a presión. Ecoloxistas en Acción alerta de que os anfibios están sufrindo unha extinción masiva, acentuada pola perda de ecosistemas. Por iso os estanques e puntos de auga deberían preservarse e identificar coma zonas de especial importancia para a biodiversidade na cidade.

A organización ecoloxista demanda a concelllo de Vigo un cambio drástico no seu proceder. A vida tanto de árbores como de animais merece un respecto. Subliñan que non se pode acometer ningunha actuación sen antes considerar o seu impacto sobre o hábitat e adoptar así medidas necesarias para preservar a vida que nel habita.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 707