Imprimir

A Audiencia multa con 2.520 euros a un veciño de Arteixo por agredir ao concelleiro de Urbanismo

Información
Hoy es noticia | 26 Abril 2022 | 476 Votos

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un veciño de Arteixo por agredir, en novembro de 2018, ao concelleiro de Urbanismo do municipio por non solucionar os problemas de corte de subministración de auga que sufría a súa nai, pois consideraba que era competencia do departamento que dirixía o afectado. O tribunal considerouno autor dun delito de atentado á autoridade e dun delito de lesións, polos cales lle impuxo un ano de cárcere e o pago dunha multa de 2.520 euros. Ademais, condenouno a indemnizar á vítima con 1.588 euros.

 

Os maxistrados relatan na sentenza que o sospeitoso se atopou co concelleiro cando ambos conducían pola autoestrada A Coruña-Carballo, en concreto, no cruzamento que vai ao campo de golf, un dos días nos que a súa nai sufriu un corte de auga. O acusado, segundo consideran probado os xuíces, baixouse do coche e fixo xestos ao edil para que se detivese, cousa que fixo. Ao baixar a xanela, o veciño de Arteixo empezou a recriminarlle o problema da auga, “dando patadas e golpes no vehículo” e insultándoo para, a continuación, introducirse no seu interior e pelexar con el, “chegando a poñerlle un xeonllo sobre o peito”. Posteriormente, abandonou o lugar. O tribunal salienta que “non se probou debidamente” que o concelleiro “respondese con golpes ao ataque iniciado polo acusado”. Como consecuencia dos feitos, o edil sufriu feridas, das que tardou en curar trinta días.

 

O tribunal indica no fallo que estima probada a versión do concelleiro respecto ao incidente porque asegura que a do condenado, que o tentou desvincular do problema da auga, é “insostible”. Ademais, o relato da vítima está referendado por dúas testemuñas, unha das cales falaba co concelleiro por teléfono e, o outra, se atopaba a uns metros de distancia do lugar dos feitos. E, ademais, recalca que a versión da vítima se corresponde “co distinto resultado lesivo que presentaron os intervenientes”. Os maxistrados destacan que o concelleiro “tivo feridas de certa consideración, particularmente na zona do esterno, o que casa coa súa versión de que lle puxo un xeonllo sobre o peito, impedíndolle respirar”.

 

En canto á cualificación como delito de atentado, a Sala indica que o condenado cometeu os feitos “pola animadversión que sentiu polo concelleiro cando el e a súa familia lle solicitaron persoalmente unha solución ao seu problema de corte de auga e non a obtiveron”. Ademais, resalta que houbo “unha arremetida ou ataque violento” contra o edil, o cal produciu un resultado lesivo, e que o agresor admitiu que coñecía a condición de concelleiro da vítima. Contra a sentenza cabe interpoñer recurso de apelación.

 

***

 

La Audiencia multa con 2.520 euros a un vecino de Arteixo por agredir al concejal de Urbanismo

 

26/04/2022.- La sección primera de la Audiencia Provincial de A Coruña ha condenado a un vecino de Arteixo por agredir, en noviembre de 2018, al concejal de Urbanismo del municipio por no solucionar los problemas de corte de suministro de agua que sufría su madre, pues consideraba que era competencia del departamento que dirigía el afectado. El tribunal lo ha considerado autor de un delito de atentado a la autoridad y de un delito de lesiones, por los cuales le ha impuesto un año de cárcel y el pago de una multa de 2.520 euros. Además, lo ha condenado a indemnizar a la víctima con 1.588 euros.

 

Los magistrados relatan en la sentencia que el sospechoso se encontró con el concejal cuando ambos conducían por la autopista A Coruña-Carballo, en concreto, en el cruce que va al campo de golf, uno de los días en los que su madre sufrió un corte de agua. El acusado, según consideran probado los jueces, se bajó del coche e hizo gestos al edil para que se detuviese, cosa que hizo. Al bajar la ventanilla, el vecino de Arteixo empezó a recriminarle el problema del agua, “dando patadas y golpes en el vehículo” e insultándolo para, a continuación, introducirse en su interior y forcejear con él, “llegando a ponerle una rodilla sobre el pecho”. Posteriormente, abandonó el lugar. El tribunal subraya que “no se ha probado debidamente” que el concejal “respondiese con golpes al ataque iniciado por el acusado”. Como consecuencia de los hechos, el edil sufrió heridas, de las que tardó en curar treinta días.

 

El tribunal indica en el fallo que estima probada la versión del concejal respecto al incidente porque asegura que la del condenado, que intentó desvincularlo del problema del agua, es “insostenible”. Además, el testimonio de la víctima está refrendado por dos testigos, uno de los cuales hablaba con el concejal por teléfono y, el otro, se encontraba a unos metros de distancia del lugar de los hechos. Y, además, recalca que la versión de la víctima se corresponde “con el distinto resultado lesivo que presentaron los intervinientes”. Los magistrados destacan que el concejal “tuvo heridas de cierta consideración, particularmente en la zona del esternón, lo que casa con su versión de que le puso una rodilla sobre el pecho, impidiéndole respirar”.

 

En cuanto a la calificación como delito de atentado, la Sala indica que el condenado cometió los hechos “por la animadversión que sintió por el concejal cuando él y su familia le solicitaron personalmente una solución a su problema de corte de agua y no la obtuvieron”. Además, resalta que hubo “una embestida o ataque violento” contra el edil, el cual produjo un resultado lesivo, y que el agresor admitió que conocía la condición de concejal de la víctima. Contra la sentencia cabe interponer recurso de apelación.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 476