Imprimir

Un xulgado condena ao Club Deportivo Lugo a pagarlle 216.000 euros a un adestrador ao que despediu de forma improcedente

Información
Hoy es noticia | 19 Abril 2022 | 411 Votos

O Xulgado do Social número 3 de Lugo declarou improcedente o despedimento, con efecto o 26 de abril de 2021, do que entón era adestrador do Club Deportivo Lugo e condenou á entidade demandada a abonarlle ao técnico 216.000 euros en concepto de indemnización, cantidade que corresponde ao salario fixo que deixou de percibir durante dúas tempadas (166.000 euros) e ao premio por conseguir a permanencia en Segunda División (50.000 euros). A maxistrada entende que “ao poñer fin á relación laboral de forma inxustificada”, o club privou ao adestrador “da posibilidade de poder alcanzar os obxectivos pactados”, polo que considera que debe percibir os 25.000 euros de premio por cada permanencia pactados por contrato. Na resolución, afirma que o despedimento se debeu á “falta de conexión entre o director do equipo técnico e os xogadores", algo que, “en ningún caso”, pode ser cualificado como “un incumprimento grave das obrigas laborais por parte do actor”.

 

 

A xuíza relata na sentenza que o demandante prestou servizos para o Club Deportivo Lugo desde marzo de 2021 ata abril dese ano, período durante o cal o equipo disputou oito partidos. O club xustificou o seu cesamento “por motivos disciplinarios”, que se traducían, segundo alegou, “nun reiterado, oculto e continuo abandono voluntario e consciente dos seus máis elementais deberes laborais”. A maxistrada, con todo, subliña na resolución que “ningunha proba se practicou no acto de xuízo que acredite o incumprimento grave e culpable do actor das obrigacións derivadas do contrato laboral”. Ademais, destaca que se probou que a decisión de extinguir o contrato “xa estaba tomada o 19 de abril de 2021, a pesar de que por parte do club se pretendese facer ver que a decisión se adoptou tras a realización dun labor de investigación conducente ao esclarecemento dos feitos denunciados polos xogadores e parte do corpo técnico o 18 de abril de 2021”. 

 

“A propia carta de despedimento do 24 de abril pon de manifesto que a decisión extintiva xa estaba tomada, independentemente da investigación realizada, xa que os xogadores lle ‘impuxeron’ ao presidente do club o despedimento do traballador: ‘Ou se fai un cambio de adestrador ou non hai solución e descendemos’”, reproduce a xuíza no fallo, no que recalca que o despedimento “responde unicamente a unha falta de conexión ou química entre o adestrador e os xogadores, debido a que así o recoñece o capitán do equipo no acto de xuízo, quen recoñece que nunca estiveron de acordo coa súa contratación, debido a que estaban convencidos de que se podía superar a situación crítica que atravesaban co adestrador que precedeu ao actor”.  

 

Ademais, a xuíza asegura que a mala traxectoria do equipo non pode ser imputable “en exclusiva” ao adestrador, debido a que foi contratado “precisamente porque se destituíu a dous adestradores debido aos malos resultados obtidos”. Ademais, indica que o primeiro partido que se xogou tras o cesamento do demandante, o Club Deportivo Lugo tamén obtivo un resultado negativo. Por outra banda, sinala que os incumprimentos imputados ao adestrador, tales como a falta de visionado dos vídeos dos partidos ou dos rivais realizados polos analistas do club ou a de dar charlas motivacionais antes dos partidos non se impoñían ao técnico no contrato. Respecto á falta de instrucións aos xogadores, a maxistrada afirma que a entidade non achegou a gravación dos partidos dirixidos polo demandante para poder comprobar se durante os encontros daba ou non instrucións.

 

“Na carta de despedimento utilízanse fórmulas xenéricas e repetitivas que non acreditan feitos concretos; non se identifica aos traballadores ou membros do equipo técnico que foron entrevistados para o esclarecemento dos feitos”, subliña a xuíza, quen recalca que “dos máis de vinte xogadores que adoitan compoñer o persoal dun equipo de fútbol, só dous declaran no acto de xuízo que o demandante non lles daba as instrucións adecuadas”. Contra a sentenza cabe presentar recurso.

 

***

 

Un juzgado condena al Club Deportivo Lugo a pagarle 216.000 euros a un entrenador al que despidió de forma improcedente

 

19/04/2022.- El Juzgado de lo Social número 3 de Lugo ha declarado improcedente el despido, con efecto el 26 de abril de 2021, del que entonces era entrenador del Club Deportivo Lugo y ha condenado a la entidad demandada a abonarle al técnico 216.000 euros en concepto de indemnización, cantidad que corresponde al salario fijo que dejó de percibir durante dos temporadas (166.000 euros) y al premio por conseguir la permanencia en Segunda División (50.000 euros). La magistrada entiende que “al haber puesto fin a la relación laboral de forma injustificada”, el club privó al entrenador “de la posibilidad de poder alcanzar los objetivos pactados”, por lo que considera que debe percibir los 25.000 euros de premio por cada permanencia pactados por contrato. En la resolución, afirma que el despido se debió a la “falta de conexión entre el director del equipo técnico y los jugadores", algo que, “en ningún caso”, puede ser calificado como “un incumplimiento grave de las obligaciones laborales por parte del actor”.

 

La jueza relata en la sentencia que el demandante prestó servicios para el Club Deportivo Lugo desde marzo de 2021 hasta abril de ese año, periodo durante el cual el equipo disputó ocho partidos. El club justificó su cese “por motivos disciplinarios”, que se traducían, según alegó, “en una reiterada, oculta y continua dejación voluntaria y consciente de sus más elementales deberes laborales”. La magistrada, sin embargo, subraya en la resolución que “ninguna prueba se ha practicado en el acto de juicio que acredite el incumplimiento grave y culpable del actor de las obligaciones derivadas del contrato laboral”. Además, destaca que se ha probado que la decisión de extinguir el contrato “ya estaba tomada el 19 de abril de 2021, a pesar de que por parte del club se pretendiese hacer ver que la decisión se adoptó tras la realización de una labor de investigación conducente al esclarecimiento de los hechos denunciados por los jugadores y parte del cuerpo técnico el 18 de abril de 2021”. 

 

“La propia carta de despido de 24 de abril pone de manifiesto que la decisión extintiva ya estaba tomada, independientemente de la investigación realizada, y es que los jugadores le ‘impusieron’ al presidente del club el despido del trabajador: ‘O se hace un cambio de entrenador o no hay solución y descendemos’”, reproduce la jueza en el fallo, en el que recalca que el despido “responde únicamente a una falta de conexión o química entre el entrenador y los jugadores, puesto que así lo reconoce el capitán del equipo en el acto de juicio, quien reconoce que nunca estuvieron de acuerdo con su contratación, puesto que estaban convencidos de que se podía superar la situación crítica que estaban atravesando con el entrenador que precedió al actor”.

 

Además, la jueza asegura que la mala trayectoria del equipo no puede ser imputable “en exclusiva” al entrenador, puesto que fue contratado “precisamente porque se había destituido a dos entrenadores debido a los malos resultados obtenidos”. Además, indica que el primer partido que se jugó tras el cese del demandante, el Club Deportivo Lugo también obtuvo un resultado negativo. Por otra parte, señala que los incumplimientos imputados al entrenador, tales como la falta de visionado de los vídeos de los partidos o de los rivales realizados por los analistas del club o la de dar charlas motivacionales antes de los partidos no se imponían al técnico en el contrato. Respecto a la falta de instrucciones a los jugadores, la magistrada señala que la entidad no aportó la grabación de los partidos dirigidos por el demandante a los efectos de poder comprobar si durante los encuentros daba o no instrucciones a la plantilla.

 

“En la carta de despido se utilizan fórmulas genéricas y repetitivas que no acreditan hechos concretos; no se identifica a los trabajadores o miembros del equipo técnico que fueron entrevistados para el esclarecimiento de los hechos”, subraya la jueza, quien recalca que “de los más de veinte jugadores que suelen componer la plantilla de un equipo de fútbol, solo dos declaran en el acto de juicio que el demandante no les daba las instrucciones adecuadas”. Contra la sentencia cabe presentar recurso.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 411