Imprimir

Formidable Campionato de España Sub16 de pista cuberta

Información
Hoy es noticia | 28 Marzo 2022 | 320 Votos

Pechouse esta fin de semana o primeiro treiro da tempada de pista cuberta ca disputa do Campionato de España Sub16 ao que acudiron un total de vinte e dúas galegas e galegos cun balance xeral moi positivo.

 

As nosas e nosos atletas voltaron cun total de sete medallas -dous ouros e cinco bronces- e cinco postos de finalistas que melloran de maneira moi importante as dúas medallas da edición do ano pasado en Oviedo.

Foron as probas de medio fondo e fondo as que máis resultados importantes trouxeron para os intereses galegos xa que nos 600 m. a atleta da A.A. Mazí Celia Castro lograba o título de campioa de España logo de rematar a súa proba cun excelente rexistro de 1:37.70. Non menos importante resultou o triunfo sobre a proba dos 3.000 m. do campión galego Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural Galega quen invertiu un crono de 8:59.90 rebaixando a súa MMP en máis de 15 segundos. Nesta mesma carreira lograba a medalla de bronce o Campión Galego de campo a través Alex Sierpes do Trega con 9:01.38.

Outro dos medallistas foi o plusmarquista galego dos 600 m. Daniel Salgueiro do Coruña Comarca que subía ao podio logo de completar as tres voltas á pista en 1:26.48

A campioa galega dos 1.000 m. e da campo a través, Amparo Corredoira da Atlética Lucense foi outra das atletas que lograba a medalla de bronce sobre os 1.000 m. cun excelente rexistro de 2:54.37 (MMP)

Os concursos tamén trouxeron moi boas novas para os intereses galegos xa que novamente o Triplo salto, que se está a convertir nunha modalidade referente do noso deporte, traía da man de Marina Artemia da Gimnástica de Pontevedra un bronce cun salto de 11.56 m. que mellora en nada menos que en 21 cm a súa anterior MMP

Para rematar, a última medalla foi para Gema Dacosta do Vila de Cangas sobre o círculo de peso despóis de lograr no seu segundo lanzamento un mellor tiro de 12.20 m. que lle daban o terceiro lugar neste campionato de España.

Foron tamén moi salientables os postos de finalistas conseguidos por Martín Santos do C.A.Sada en Pértega, Celia Fernández do Riazor Coruña en Pentathlon, Leo Rodríguez do Samertolameu nos 60 valos,  Antía Otero do Atletismo Narón en peso e de Asehber Díaz da Agrupación Viguesa sobre os 3.000 m.

Nota 2. Oito medallas no nacional máster de lanzamentos longos

Importante cita para os nosos e nosas lanzadoras máster que viaxaron durante esta fin de semana ata terras extremeñas para tomar parte na disputa dos Campionatos de España de lanzamentos longos máster na provincia de Badajoz.

Os cinco galegos e galegas que acudiron lograron amortizar deportivamente o seu longo desprazamento cun excelente resultado de oito medallas, catro ouros e catro pratas.

Destacamos os concursos de Xulio Ventín da Gimnástica de Pontevedra que lograba dúas medallas na categoría M60 de Martelo (ouro) e Peso (prata);  Ana Abuín de A Silva na F60 de Martelo (ouro) e Martelo Pesado (prata); María de los Angeles Rodríguez de A Silva na F60 de Xavelina (ouro) e Disco (prata); José Domínguez de A Silva prata na M50 de Xavelina, así como a medalla de ouro, con récord dos campionatos, para Javier Viteri do Samertolameu na Xavelina M55 con 64.06 m.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 320