Imprimir

Vinte e dúas galegas e galegos pecharán a tempada indoor no nacional Sub16

Información
Hoy es noticia | 24 Marzo 2022 | 490 Votos

Un total de vinte e dúas atletas galegas e galegos tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Pista Cuberta Sub16 que se desenvolverá no concello barcelonés de Sabadell.

 

Entre os atletas que acuden destaca a participación na proba dos 600 m. tanto do coruñés Daniel Salgueiro do Coruña Comarca como de Celia Castro do A.A.Mazí que recentemente lograban os récords galegos dos 600 m. e 300 m. respectivamente o que os converten en serios aspirantes ás medallas.

Outra das probas importantes para as aspiracións galegas será a dos 3.000 m. xa que Alex Sierpes do Trega e Asheber Díaz da Agrupación Viguesa acuden ca segunda e terceira mellor marca dos participantes que os coloca na loita directa polo título nacional. Sobre esta mesma distancia estará tomando a saída outro dos destacados, o lucense Teo de Frutos.

Os valos contarán ca participación importante de Leo Rodríguez do Samertolameu ao igual que sobre os 1.000 m. estará  a campioa galega da distancia, Amparo Corredoira da Atlética Lucense.

Continuando cos concursos, Gema da Costa do Vila de Cangas pode meterse na loita  polas medallas grazas a súa cuarta mellor marca, entanto que Marina Artemia Pérez da Gimnástica de Pontevedra en triplo, como Celia Fernández do Riazor Coruña en Pentathlon, loitarán por estar nos postos destacados das súas respectivas modalidades.

Remate da pista cuberta

Con este nacional Sub16 péchase o calendario de pista cuberta que durante estes meses estivo acollendo xunto ao campo a través, as distintas competicións e campionatos. No que resta de tempada, poderemos ver unha intensa actividade de ruta, montaña, trail e sobre todo de aire libre cuxa máxima cita será o campionato galego absoluto que se desenvolverá o vindeiro 23 de xullo.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 490