A Audiencia condena a dous acusados de roubar sete móbiles nun establecemento de Pontevedra

Información
Hoy es noticia | 23 Marzo 2022 | 415 votos | Correo electrónico | Imprimir

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a dúas persoas que, en setembro de 2020, roubaron teléfonos móbiles no interior dun establecemento situado na rúa Cobián Roffignac, en Pontevedra.

A un deles impúxolle tres anos e medio prisión; e, ao outro, cinco anos de cárcere. Ademais, deberán indemnizar conxuntamente á empresa afectada con 5.695 euros, que é o valor dos teléfonos subtraídos e non recuperados. O tribunal considera acreditado que os acusados accederon ao local, que estaba aberto ao público, e se dirixiron a unha vitrina pechada con chave, en cuxo interior se atopaban teléfonos móbiles. Mentres un deles facía labores de vixilancia e se colocaba de forma que o seu acompañante non puidese ser visto, segundo a sentenza, o outro condenado violentou a fechadura. Os xuíces aseguran que se apoderaron de sete teléfonos móbiles marca Apple.

 

O tribunal sinala que quedou acreditada “sen xénero de dúbida” a participación dos sospeitosos nos feitos, os cales “se observan perfectamente no visionado da gravación das cámaras”. Ademais, resalta que se localizou unha pegada dactilar dun dos sospeitosos na vitrina, ao que se une o feito de que o acusado “non ofrece unha explicación convincente da súa presenza, debido a que declara que non estaba en Pontevedra nesas datas e, en todo caso, nada explica que puidese xustificar a pegada”.

social youtube xornalgalicia   feed-image