Imprimir

Un xulgado rexeita a demanda de Avogados Cristiáns para paralizar a retirada da cruz dos caídos dunha igrexa de Vilagarcía

Información
Hoy es noticia | 22 Marzo 2022 | 267 Votos

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Pontevedra rexeitou acordar a medida cautelar solicitada pola Fundación Española de Avogados Cristiáns consistente en suspender os traballos iniciados para a retirada da cruz dedicada aos caídos da igrexa de Santa Eulalia, situada en Vilagarcía de Arousa.

A xuíza indica no auto que a recorrente carece de lexitimación para solicitar a medida, pois “nin é titular do dereito á liberdade relixiosa nin invoca ou acredita un dereito de acción pública urbanística para poder interesar nada en relación coas decisións que afectan ao patrimonio da igrexa”. Ademais, sinala que, a maiores, non acreditou “a existencia dos danos irreparables aos que fai referencia, pois non se debe de esquecer que a cruz se atopa na fachada da igrexa, a cal pertence ao patrimonio eclesiástico, constando no expediente administrativo acordo do Arcebispado de Santiago de Compostela, que considera pertinente a retirada das laudas, así como da cruz”. Ademais, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia ditou unha resolución en xuño de 2004 na que autoriza a retirada da cruz. O auto, de data 9 de febreiro de 2022, foi declarado firme o 17 de marzo.

 

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 267