Imprimir

Poio vivíu unha situación límite, con “catro facultativos de baixa, o centro de saúde de Raxó sen médico e sen atención médica

Información
Hoy es noticia | 22 Marzo 2022 | 307 Votos
SOS, CIG e BNG fan un chamamento á veciñanza, aos coelctivos sociais e ás forzas políticas de Poio a  unirse á concentración en defensa da sanidade pública de Poio, que terá lugar o vindeiro xoves, 24 de marzo ás 20 h. no Centro de Saúde de Anafáns.
 
A semana pasada Poio vivíu unha situación límite, con “catro facultativos de baixa, o centro de saúde de Raxó sen médico e sen atención médica polas tardes en Anafáns”. Isto, xunto coas listas de agarda interminábeis fan que numerosos veciños e veciñas se vexan na obriga de acudir ao PAC da Parda ou a Urxencias de Montecelo.
 
Diante desta situación, o BNG que leva recollido xa 1000 sinaturas en defensa da sanidade pública, tomou a decisión de mar un paso máis e convocar esta mobilización para este xoves, día 24 ás 20 h. con Centro de Saúde de Anafáns. Marga Caldas lembrou que se habilitará o aparcamento disuasorio do adro de San Salvador e se sinalizará o do Camiño ás Bocas, que está a catro minutos andando do centro de saúde.
 
Pola súa parte, Begoña Mallo de CIG-saúde, lembrou que elas son sufridoras por partida dobre do deterioro que se está a dar na sanidade pública desde que Feijóo chegou ao goberno da Xunta: como usuarias e como traballadoras. “A situación nos centros de saúde é lamentábel, con  listas de agarda de tres semanas, e con PACs sen profesionais, o que obriga aos veciños a desprazarse a outros centros de saúde”.
 
Pola súa banda, Antón Briones, da plataforma SOS Sanidade Pública fixo fincapé en que “nos estamos xogando o futuro da nosa sanidade. Temos que recupera todo o que tiñamos e melloralo no posíbel” e animou á cidadanía a reivindicar os seus dereitos a unha atención sanitaria presencial e digna.
social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 307