Imprimir

“RECUPERANDO A HISTORIA DAS MIÑAS VECIÑAS” COMEZA A SÚA ITINERANCIA POLAS PARROQUIAS DE CANGAS

Información
Hoy es noticia | 22 Marzo 2022 | 144 Votos

A exposición, que pon nome propio á loita pola igualdade e recoñece a traxectoria de mulleres de Cangas, estará en Aldán, Hío, Coiro e DarboA exposición, que pon nome propio á loita pola igualdade e recoñece a traxectoria de mulleres de Cangas, estará en Aldán, Hío, Coiro e Darbo


Cangas, 14 de marzo 2022. O Concello de Cangas continúa coa súa programación deseñada polo Consello Municipal da Igualdade con motivo do día internacional da muller e esta semana traslada ás bibliotecas das parroquias a exposición “recuperando a historia das miñas veciñas”.
As lonas que recollen o recoñecemento á traxectoria das veciñas de cangas elexidas para poñer nome propio a unha loita anónima en prol da igualdade estará aberta á veciñanza, de xeito itinerante, nas bibliotecas de Aldán, Hío, Coiro e Darbo, unha semana en cada centro cultural ata o vindeiro 14 de abril.
Esta exposición, que se enriquece cada ano, nace dunha proposta da Concellalía de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade co financiamento dos Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género. O departamento municipal organizou un proxecto a desenvolver co alumnado dos centros educativos de cangas coa finalidade de sensibilizar e concienciar sobre o papel das mulleres dirixida a promover cambio de valores no ámbito educativo e na sociedad. 
O alumnado traballou sobre unha ou dúas mulleres, ou sobre colectivos de mulleres que naceran en Cangas ou que desenvolveran o seu traballo no municipio. Cada centro tiña que escoller sobre que mulleres do pasado histórico ou contemporáneas ían a realizar o seu traballo de divulgación. A finalidade era que cada centro cera a coñecer e investigara sobre mulleres que tiveran algún tipo de relación co seu centro educativo ou do lugar onde está situado para ampliar as referentes colectivas.  

Co traballo realizado cos centros que participaron no proxecto (CEIP Espiñeira, CEIP A Rúa, Colexio Compañía de María, IES Montecarrasco) realizáronse lonas para expoñer na rúa os seus traballos ao resto da veciñanza ao igual que se realizaron marcapáxinas para distribuir nas bibliotecas.
As mulleres seleccionadas foron Dolores Blanco, Fina Acuña, Belén Guimeráns, Ana María Soto Landeira, Carmiña Pérez Alonso, e o colectivo das avoas como recoñecemento aos coidados.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 144