Imprimir

34 meses de cárcere a unha muller que causou “unha deterioración cognitiva severa” a un home ao que golpeou á saída dun pub de Ferrol

Información
Hoy es noticia | 21 Marzo 2022 | 285 Votos

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos e dez meses de cárcere, así como ao abono dunha indemnización de 680.000 euros, a unha muller que, en setembro de 2013, propinou dúas puñadas na cara a un home co que discutira nun pub de Ferrol, o que provocou que se caese de costas na beirarrúa.

 

Como secuelas, lle quedaron unha deterioración cognitiva severa, polo que, a partir dese momento, precisou “axuda de maneira continua por terceiras persoas para calquera tarefa básica da vida”. Ademais, causoulle “un prexuízo estético moi importante polas cicatrices da cirurxía e a deformidade cranial, pola ausencia de óso frontal”. O tribunal condenou á acusada como autora dun delito idealmente concursado de lesións (malos tratos físicos doloso e delito de lesións por imprudencia grave con resultado de grave enfermidade somática e grave deformidade), concorrendo a circunstancia atenuante de dilacións indebidas.

 

Tras os feitos, a Seguridade Social recoñeceulle á vítima a pensión de incapacidade permanente, en grao de absoluta para todo traballo, e quedou ingresada nunha residencia de Lugo. En 2015, faleceu por unha pneumonía, polo que a indemnización será percibida pola viúva e o fillo de ambos.

 

“Trátase de dous golpes no rostro, con maior ou menor forza, e non existen elementos indiciarios que acrediten, máis aló de calquera dúbida, que a autora da agresión fose consciente e previse como altamente probable que a súa acción provocase o gravísimo resultado lesivo”, indica a Audiencia na sentenza.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 285