Imprimir

A Audiencia da Coruña condena a un home que abusou da súa veciña no ascensor

Información
Hoy es noticia | 21 Marzo 2022 | 398 Votos

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou ao pago dunha multa de 3.960 euros a un home por abusar sexualmente dunha das súas veciñas en xullo de 2019, dentro do ascensor do edificio. A Audiencia, que tivo en conta a agravante de abuso de superioridade, tamén lle impuxo a prohibición de aproximarse a menos de 200 metros da vítima, ao seu domicilio, lugar de traballo e domicilio dos pais, así como a prohibición de comunicarse con ela durante catro anos. Ademais, deberá abonarlle á afectada unha indemnización de 5.000 euros.

 

Os maxistrados relatan na sentenza que o sospeitoso, aproveitando que a prexudicada subía con el no ascensor do seu edificio, lle pediu que lle dese un abrazo, ao que a muller accedeu “por ser coñecidos desde hai moitos anos e manter unha relación de amizade e veciñanza desde hai moitos anos”. Nese momento, segundo a resolución, “agarrouna fortemente polas nádegas, pegoulle unha dentada na zona do pescozo e lambeulle o lóbulo da orella dereita, á vez que lle tentaba dar bicos, ata que a súa veciña o apartou cos brazos, momento en que a vítima conseguiu saír do ascensor”.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 398