Imprimir

Grixoa de Esternande iniciou a recuperación ambiental de Varilongo

Información
Hoy es noticia | 20 Marzo 2022 | 227 Votos

Comuneiras e voluntarias das Brigadas deseucaliptizadoras déronse cita este sábado para plantar carballos e castiñeiros
 

 

Este sábado as Brigadas deseucaliptizadoras, iniciativa de voluntariado ambiental que promove a Asociación Verdegaia, xuntáronse coas comuneiras da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Grixoa de Esternande, en Santa Comba, para realizar a primeira acción en terras xalleiras. Nesta primeira acción, medio cento de persoas plantaron carballos e castiñeiros e eliminaron especies exóticas invasoras (acacia negra) na paraxe do monte veciñal coñecedida como Rego das Casas Vellas que a partir da Segunda Guerra Mundial se convertiu en centro das históricas minas de Varilongo, resultando na ocupación das terras comunitarias. E é que ata fai tan só dúas semanas a zona da intervención continuaba sendo ilegalmente ocupada pola polémica empresa mineira australiana Rafaella Resources, que se viu finalmente forzada a abandonala. A Comunidade de Montes quere agora que volte a ter un uso social a servizo da parroquia e dos seus visitantes, como fora acordado fai xa 20 anos cando se iniciou a recuperación dos edificios. Tanto Verdegaia como a Comunidade anfitrioa fixeron un balanzo positivo desta primeira convocatoria, que terá continuidade. Outras accións previstas para zonas de especial interese ambiental terán que agardar a que a Xunta obrigue á mineira australiana a restaurar os pozos e chemineas que representan un enorme perigo para as persoas.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 227