Imprimir

Bioblitz complexo húmido de Traba

Información
Hoy es noticia | 18 Marzo 2022 | 482 Votos

ADEGA ten unha nova convocatoria do proxecto de Voluntariado ambiental para a conservación das zonas húmidas e da flora da Costa da Morte. Trátase dunha Descuberta de Biodiversidade no Complexo Húmido de Traba, no concello de Laxe. Será o martes 22 de marzo, en horario de 10:00 a 17:30h.

 

Na actividade vaise levar a cabo un BioBlitz ou Descuberta de Biodiversidade, actividade de divulgación e coñecemento da fauna e a flora da contorna da zona húmida. Será unha xornada de mañá e tarde, dedicada a recoñecemento e descubrimento da biodiversidade na que se realizará un roteiro, iranse anotando e inventariando todas aquelas especies que se atopen. O percorrido é un roteiro guiado por botánicos/as e expertos/as en especies ameazadas e persoas expertas en fauna. As visitas non afectarán a hábitats prioritarios, realizaranse por sendas xa existentes para evitar causar impacto na flora litoral.
O proxecto conta nesta ocasión co apoio da Acción Social de CaixaBank

As prazas son limitadas e é preciso inscribirse a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  ou chamando ao 616 23 80 50

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 482