Despois de facer o Camiño de Santiago, as personaxes de Rena Ortega embárcanse nunha nova aventura: a volta ao mundo!

Información
Hoy es noticia | 18 Marzo 2022 | 432 Votos | Correo electrónico | Imprimir

As lectoras de ‘Bo Camiño, Peregrino!’, o libro máis desexado de Cumio Editora, están de noraboa, pois as súas protagonistas veñen de embarcar nunha nova aventura chea de novas experiencias. En cada etapa visitarán unha cidade cun barco que homenaxea o 500 aniversario da primeira volta ao mundo.

En cada unha das paradas, cheas de cor e detalladas de forma maxistral pola autora, as situacións das personaxes mestúranse coas realidades locais dun xeito tan persoal, divertido e peculiar que confirma a Rena Ortega como creadora dun estilo propio. Unha chea de paisaxes e de probas de agudeza visual completan unha obra moi especial.

Con esta peza, confírmase o retorno de Cumio ao país veciño, pois, ademais de en Galego e Castelán, estará dispoñible en portugués. Se a cousa vai de percorrer mundo, semella que a editora galega está disposta a facelo. Case un ano despois de iniciar un camiño marabilloso, chegou o momento de subirse a un barco cheo de emocións.  

social youtube xornalgalicia   feed-image