Imprimir

A UCGAL avoga por unha práctica responsable e racional das persoas consumidoras á hora de facer as súas compras

Información
Hoy es noticia | 17 Marzo 2022 | 290 Votos

 

A Unión de Consumidores de Galicia fixo hoxe un chamamento á tranquilidade e á responsabilidade das persoas consumidoras galegas á hora de acudir aos establecementos comerciais e en especial aos de alimentación para evitar que comportamentos pouco responsables agraven as situacións de falta de abastecemento que xa se están a dar en distintos establecementos.

 

Considera a organización que urxe que as administracións competentes tomen cartas no asunto de forma decidida e garantan os dereitos das persoas consumidoras, e a fin de contas dunha cidadanía que non pode seguir soportando as consecuencias dunha escalada de prezos da enerxía e do conxunto dos servizos e produtos que conforman a nosa cesta da compra.

Para Unión de Consumidores de Galicia é vital que as administracións competentes e responsables do sector do transporte manteñan xuntanzas na procura dun punto de encontro que permita retornar á normalidade da forma máis áxil posible.

Así mesmo demanda unha solución inmediata e valente ao descontrolado avance dos custos da enerxía que está a lastrar de forma desmedida as economías domésticas e en especial as máis vulnerables.

Lamenta que unha vez máis sexan as persoas consumidoras as que teñan que padecer as consecuencias da incapacidade para introducir cambios normativos farto demandados tanto polo conxunto das persoas consumidoras como por sectores especialmente afectados pola grave situación que estamos a atravesar.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 290