SOLICITAN A PARALIZACIÓN INMEDIATA DAS OBRAS DO PARQUE EÓLICO ACIBAL DE MORAÑA

Información
17 Marzo 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 611 votos
(Tiempo estimado para leer este artículo: 1 - 2 minutos)
social youtube xornalgalicia   feed-image

Revista Xornal Galicia - NegociosInformes técnicos apuntan cara unha grave alteración hidrolóxica do humedal e dos
manantiais de auga potable a consecuencia das obras de cimentación para instalar os
aeroxeradores do proxecto industrial eólico que impulsa Norvento, S.L. polo que
veciñanza, plataformas e entidades ecoloxistas piden medidas cautelares urxentes

Debido aos posibles efectos negativos sobre o humedal de Brañas do Amil no monte Acibal e sobre a
Masa protexida de auga soterrada “Caldas -O Salnés”, as tres asoacións solicitan que se se proceda á
delimitación do humedal seguindo criterios hidrolóxicos, edáficos, paleoecolóxicos, sedimentolóxicos
e botánicos, e baseándose na identificación de hábitats característicos dos humedais de Galiza.

Xornal Galicia - Promocionan inicitivas al Defensor del Pueblo ante la  aprobación de cientos de proyectos MACROrenovables sin impacto ambiental
De non facelo e proceder a dar comezo ás obras, vaise producir una alteración importante da capa
freática coa conseguinte alteración do ecosistema. Unha circunstancia que é cualificada de
inadmisible, máis cando isto vai supoñer tamén unha modificación da conectividade dos cursos de
auga subterráneos e superficiais. Como consecuencia final, teríamos un maior fluxo de auga na
superficie por falta de drenaxe e polo tanto unha maior chaira de inundación e unha maior erosión.


Polos datos do catastro, a delimitación das superficies inundables coinciden coas parcelas previstas
para a instalación industrial, circunstancia pola que se solicita a adopción da medidas cautelares
urxentes e a inmediata paralización das obras do proxecto industrial eólico Acibal pois os prexuizos
serán severos e irreversibles para o humedal das Brañas de Amil, quedando afectado o ecosistema de
tal xeito que o humedal perdería gran parte da súa biodiversidade. Entre as especies en perigo de
extinción está a Macromia splendens, unha especie de libélula protexida pola directiva europea de
Hábitats.Conclúese, en consecuencia, a necesidade de requerir á Dirección Xeral de Planificación enerxética e
recursos naturais da Xunta de Galicia, a Augas de Galicia, á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da
Xunta de Galicia e ao Concello de Moraña sobre a paralización cautelar indicada en base ao principio
de precaución en materia ambiental.