Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Greenpeace presenta alegacións ao proxecto de Lei do Litoral de Galicia e pide priorizar os ecosistemas fronte aos intereses económicos

Información
24 Enero 2023 - Galicia - Correo electrónico - Imprimir - 18089 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

ideasparareformarelniditodeamordefeijooyevacardenasportadaA organización ecoloxista Greenpeace presentou suxestións e alegacións ao anteproxecto de Lei de Ordenación do Litoral de Galicia, que estivo a exposición pública até finais da pasada semana. No documento de alegacións a ONG centrouse na deficiencia de espazos protexidos en Galicia, así como en chamar a atención sobre medidas previstas que poden incidir nunha meirande presión humana sobre os sensíbeis ecosistemas litorais. Galicia está entre as comunidades autónomas con menor porcentaxe de espazos protexidos do Estado, por debaixo do 12% da superficie. Este feito ten sido criticado pola propia Unión Europea pola ausencia dalgúns hábitats representativos na rede Natura 2000 galega, así como polas deficiencias nos instrumentos de xestión da mesma, salientando que o plan director elaborado pola Xunta en 2014 para a xestión dos espazos da rede Natura, que se empregará para determinar moitos usos derivados desta lei, non cumpre os requisitos da Directiva Hábitats.

Unha lei de ordenación do litoral debe priorizar o futuro, que pasa pola conservación dos ecosistemas e da biodiversidade. Antes de establecer unha zonificación cómpre corrixir as enormes deficiencias de Galicia no referente aos seus espazos protexidos porque, do contrario, estamos a ordenar un territorio excesivamente desprotexido. É unha grande oportunidade para corrixir estas eivas da conservación ambiental no país”, afirmou Manoel Santos, de Greenpeace en Galicia.

FEIJOO Y EVA CARDENAS SE AGENCIAN UNA CONSTRUCCIÓN ILEGAL ENCIMA DE LA PLAYA EN LAS RÍAS BAJAS Y LA REFORMAN SIN NINGÚN TIPO DE LICENCIA DE OBRAS SEGÚN LA DOCUMENTAL EN PODER DE ESTE XORNAL...+

Greenpeace insiste en que o punto de partida do anteproxecto de lei é unha porcentaxe de superficie protexida ridícula en relación á media do Estado e que se debería revisar con anterioridade á “identificación dos espazos do litoral que, polos seus extraordinarios valores ambientais, deban ser obxecto de especial protección”, como reza o artigo 3 do texto, recuperando e ampliando as propostas de ampliación da rede Natura que non sairon adiante en 2008 e 2011, ámbalas dúas en todo caso insuficientes. Asemade, considera que, en consonancia cos obxectivos do Convenio da Diversidade Biolóxica, o punto de partida deste anteproxecto de lei do litoral debera ser o compromiso de revisión para acadar o 30% de superficie protexida tanto no eido terrestre como mariño para 2030. Tamén lembrou que debera introducirse como consideración previa a obrigatoriedade de revisar, previamente á entrada en vigor da lei, os instrumentos de xestión para que cumpran os requisitos Directiva Hábitats tal e como demanda a Unión Europea. 

A ONG ecoloxista tamén chamou a atención sobre outros aspectos do anteproxecto que considera mellorábeis. Entre eles, apunta a que non deixa claro o obxectivo de asegurar a integridade e conservación do Dominio Público Marítimo-Terrestre e a recuperación para o patrimonio público das concesións caducadas, como apunta a Lei de Costas. Asemade, considera que aspectos como a restauración de ecosistemas ou a adaptación e mitigación do cambio climático están contemplados no anteproxecto pero con pouca consistencia e concreción, e tampouco se establece unha priorización de obxectivos, nos que prime a conservación sobre os intereses económicos.

Tamén sinalou que os artigos que desenvolven unha rede de establecementos turísticos no litoral e a creación de novas sendas litorais, que a ONG esixe se diferencien do que son corredores ecolóxicos, son moi discutíbeis, por canto poden supor máis presión humana especialmente fóra de ría, nos lugares da costa galega que aínda se manteñen en estado de conservación aceptábel.

É dificilmente entendíbel que unha norma que debe protexer o litoral leve un artigo cuxo obxectivo é crear hoteis no mesmo por lei. Parece máis unha privatización encuberta. A recuperación patrimonial non é unha xustificación aceptábel, por canto tamén poderían ter outros usos públicos e, en todo caso, nunca en áreas de conservación ambiental. É moi significativo que nas actuacións estratéxicas para o desenvolvemento sustentable do litoral non se inclúa ningunha medida de conservación ou restauración de ecosistemas. Falta un pouco de enfoque ecosistémico.”, concluíu Manoel Santos.

Finalmente, a organización ecoloxista, que si coincide na necesidade dunha mellora na ordenación do litoral, pide un proceso de participación pública real, que vaia máis aló da presentación dun texto xa imposto sen que se teña falado dabondo, e en ocasións nada, con moitas partes interesadas, como as organizacións ambientais.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia de Noticias ANAI
  • Tu opinión Cuenta Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • Pladesemapesga. ONG
  • Acción y Transparencia Pública.
  • Unirme al Wassap de XG
  • Suscribirme Canal Youtube XGRTV