SOS Sanidade Pública diante a grave situación do Sistema Sanitario Publico Galego, acordou unha gran manifestación o 12 de febreiro deste ano contra o PP na Xunta de Galicia.

Información
10 Enero 2023 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 1481 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Plataforma SOS Sanidade Pública diante a grave situación pola que atravesa a Atención Primaria e o conxunto do Sistema Sanitario Publico Galego, acordou de maneira consensuada por tódalas  as organizacións sociais, profesionais, sindicais e políticas que a integran,  convocar unha gran manifestación o 12 de febreiro deste anos na Praza do Obradoiro Santiago de Compostela.

Esta mobilización, á que están chamada toda a poboación galega, será a culminación do proceso de  recollida de firmas e mobilizacións que desde hai meses veñen desenvolvendo as Plataformas e organizacións que integran SOS Sanidade Pública para que o Parlamento Galego debata e aprobe  unha serie de medidas dirixidas a acabar cos problemas da Atención Primaria: Falta de persoal, de orzamentos e de organización,  que limitan o acceso da poboación aos Centros de Saúde, aos servizos de Pediatría  e  aos Puntos de Atención Continuada (moitos deles pechados);  as restricións ás consultas presenciais;  a hexemonía das consultas telefónicas;  as listas de espera que superan amplamente a semana;  e o abandono dos programas de atención a enfermos crónicos e das actividades de promoción, prevención r rehabilitación da saúde.

Este desmantelamento da Atención Primaria está a repercutir sobre a saúde da poboación, como mostra o aumento da mortalidade, o colapso das urxencias dos hospitais e o incremento exponencial das listas de espera nos mesmos.

Todos os integrantes das Plataformas acordaron desde sempre que estas mobilizacións  deben ter un carácter unitario e desprovistas de calquera carácter partidista, xa que o que une a toda a poboación galega é a necesidade dunha Atención Primaria Pública,  Universal, Equitativa e Accesible.

A Plataforma acordou celebrar proximamente unha Rolda de Prensa para informar das miles de firmas recollidas ata agora en toda Galicia en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular, as actuacións previstas para manter as mobilizacións a nivel local  contra o desmantelamento dos Centros de Saúde e PAC e para organizar a Gran Manifestación do día 12 de febreiro na Praza do Obradoiro de Santiago, cuxo cartel informativo achegamos.