O Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia denuncian que a Consellería de Política Social gobernada por o PPdeG se nega a darlles cita

Información
Portada | 08 Abril 2019 | 5087 votos | Correo electrónico | Imprimir

O Conselleiro

A conselleira
Fabiola García Martínez

O Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia (Ceesg), que agrupa a profesionais da Educación Social galegas/os, quere facer público o seguinte COMUNICADO en relación coa nosa situación actual coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e as Convocatorias de Educador/a das OPE de 2017 e de 2018 que se están a negociar.

1º.- Manifestamos a nosa indignación ante o feito de que temos solicitado cita coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia en outubro de 2018, téndose reiterado a petición no pasado mes de marzo, e continuamos esperando a ser recibidas. Tanto a actual titular da Consellería como o anterior, tras meses de espera, delegan a atención ao noso colexio en algunha Dirección Xeral.

2º.- Lamentamos que se están a negociar as Bases dos procedementos selectivos de Educador/a das OPE de 2017 e de 2018 da Xunta de Galicia, que nos afectan directamente, ao haber prazas de Educadoras/es de novo ingreso, sen contar co Ceesg como entidade interlocutora a ter en conta. É inadmisible que non se nos escoite.

3º.- Na mesma liña, lembramos que a falta de resposta por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia vai cronificar a nosa situación na Administración autonómica.

 

4º.- Denunciamos a situación de vulnerabilidade dos dereitos e deberes das profesionais da Educación Social na administración pública.

5º.- Reclamamos que se cree unha especialidade, dentro da Escala de Técnicos Facultativos dos Servizos Sociais na Lei de Emprego Público de Galicia, coa denominación de “Educador/a Social”, que sirva de exemplo para as demais administracións públicas.

6º.- Recordamos que no ámbito laboral privado, o III Convenio Colectivo Estatal de Reforma xuvenil e Protección de menores ten avanzado moito máis que a propia administración pública galega no recoñecemento á profesión de Educación Social. E aínda así, as contratacións públicas para a xestión deste tipo de centros/recursos que ten convocado a Consellería non se axustan a esta disposición.

7º.- Recordamos que en Galicia hai máis de 4.200 tituladas e titulados en Educación Social, que ven cada día como a formación na que investiron o seu tempo e os seus cartos non ten un recoñecemento parello. Recordamos tamén que a titulación universitaria de Educación Social naceu da necesidade de formar profesionais que desenvolverían o seu papel en eidos para os que non existían titulacións idóneas, pero que a administración pública, case 30 anos despois de crearse a titulación, continúa sen darlle o valor que merece, é dicir, o mesmo valor que se lle dá a outras profesións que teñen a súa especialidade propia e exclusiva.

8º.- Anunciamos mobilizacións ata ser recibidas pola Consellería de Política Social.

O Ceesg non busca a exclusividade en todos os ámbitos onde temos demostrado garantías de bo traballo e compromiso coas persoas usuarias/cidadanía, senón que queremos e defendemos un recoñecemento naqueles campos onde se fai indispensable o noso labor de atención ás necesidades e a pertinencia da acción socioeducativa, cos menores vulnerables en especial.

 consellería de politica social xunta - Buscar con Google

 

social youtube xornalgalicia   feed-image