A ilustradora de Ordes (A Coruña) Laura Romero foi a gañadora do primeiro premio Compostela Ilustrada, que hoxe se entregou en Santiago. O xurado considerou a Laura Romero merecedora do galardón por una ilustración da Rúa do Vilar que fixo no transcurso do Encontro de Ilustradores de Cadernos de Viaxe que se desenvolveu en Santiago dende o xoves.
Laura Romero é ilustradora e música (baixista en Zënzar). É licenciada en Belas Artes pola Universidad de Salamanca e conta cun Máster en Creación e Investigación en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo. E autora do proxecto expositivo e do blog Músicas Galegas Ilustradas. Laura Romero é una asidua aos Encontros Compostela Ilustrada, de feito ten participado nas tres edicións.
A terceira edición do Encontro Internacional Compostela Ilustrada foi clausurado hoxe ás doce do mediodía nun acto celebrado no Parador dos Reis Católicos. O seu director, Miguelanxo Prado, e a súa organizadora, Gemma Sesar, adiantaron que o tema dos Encontros no 2019 vai ser a Arquitectura de Santiago.
Organizadores e participantes coincidiron en valorar moi positivamente o desenvolvemento desta terceira edición dos Encontros maila as dificultades que impricou o temporal que nestes días sufriu Santiago. Moitos dos 200 participantes amosaron a súa vontade de participar tamén na cuarta edición dos Encontro. Tamén subliñaron o interese das actividades paralelas como foi o caso das concurridas Xornadas de Ilustración Urbana que tuveron lugar o venres e o sábado no Auditorio de Galicia.
Trala entrega do premio Compostela Ilustrada, e ata o memento da clausura, os ilustradores adicaron a mañá de hoxe a debuxar os claustros e as terrazas do Parador dos Reis Católicos.