Porén Paiosaco sofre, máis unha vez, o agravio comparativo de verse sen un só espazo axeitado destas características para a mocidade ou a xente maior a pesar de ser o segundo núcleo máis poboado do noso Concello.
Carécese de zona con aparatos biosaludábeis de maiores ou dun lugar seguro onde se poida facer algo tan normal como que a xente nova poida xogar cunha pelota sen perigo.
Carolina Castiñeiras Brandón, concelleira do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu debate no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación, a seguinte MOCIÓN:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A parroquia de Lestón e, nomeadamente, o núcleo urbano de Paiosaco sofre unha eiva importante en canto a zonas verdes de esparexemento e lecer así como un espazo xeitado para practicar deporte ao aire libre.
Dende o BNG levamos anos demandando que se creen este tipo de infraestructuras e o goberno, logo de rexeitar no seu día as nosas propostas, comprendeu que son positivas e necesarias creándose, por exemplo, pistas polideportivas descubertas en Cabovilaño ou o núcleo da Laracha.
Porén Paiosaco sofre, máis unha vez, o agravio comparativo de verse sen un só espazo axeitado destas características para a mocidade ou a xente maior a pesar de ser o segundo núcleo máis poboado do noso Concello.
Carécese de zona con aparatos biosaludábeis de maiores ou dun lugar seguro onde se poida facer algo tan normal como que a xente nova poida xogar cunha pelota sen perigo.
Na opinión do grupo municipal do BNG e de moita veciñanza desta parroquia que así nolo trasladou, cóntase cun espazo coma o Campo da Feira infravalorado, máis tampouco se preocupou este goberno de buscar outros emprazamentos alternativos para crear un espazo axeitado noutras zonas como por exemplo a do centro sociocultural – campo de fútbol.
Por todo isto, solicitamos a adopción do seguinte ACORDO:
Dotar de zonas de esparexemento tales como pistas polideportivas descubertas, áreas de válidas para xogos populares e parques biosaludábeis para maiores á parroquia de Lestón dentro do centro urbano de Paiosaco, onde se concentra a maior parte da poboación desta parroquia.
A Laracha, 23 de marzo de 2018
Asdo. Carolina Castiñeiras Brandón
concellleria do grupo municipal do BNG da Laracha.