Queren denunciar á opinión pública, os colapsos que se están producindo nos servicios de urxencias por todo Galicia baixo a apatía desentires de Feijóo

Información
Portada | 01 Enero 2018 | 5270 votos | Correo electrónico | Imprimir

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) quere denunciar á opinión pública, os colapsos que se están producindo nos servicios de urxencias (especificamente no CHUS de Compostela) e na atención nos Centros de Saúde.

Antes do verán, membros da AGDSP reuníronse co Director Xeral de Sanidade, nunha ocasión, e ca Xerenta da Área Sanitaria de Santiago, noutra. Avisábamos, xá entón, do que sucedería, tanto en verán co peche de camas e servizos, como cando chegara a epidemia da gripe.

 

A pesar dos recortes o SERGAS nin tan siquera adopta as medidas oportunas para facer fronte á situacións que se repiten cada ano e que xeran problemas a pacientes e familias:

·       Por que no Sistema Sanitario Galego, non se ten unha previsión tanto de aumentar camas, servizos como de ter o persoal suficiente para facer fronte a algo que sabemos vai ocorrer?

·       Por que temos que sufrir os doentes a falta de previsión dunha administración que sabendo que isto ocorre tódolos anos…….non fai nada, e o fía todo a responsabilidade dos profesionais?

·       Porqué non se substitúe os profesionais, tanto nos hospitais como nos centros de saúde?

Si as xerencias, saben con meses de antelación, qué traballadores van a estar nun momento determinado,  porqué non se poñen os medios para buscar, dende xá, os substitutos?

Nos hospitais colapsos…... e nos Centros de Saúde, estes días estase solicitando por parte dos veciños de Touro, O Pino, Arzúa, Melide e Outes que se substitúa os pediatras que non están. Resposta da xerencia: si fai falta aumentar camas, servizos, profesionais: farase (a toro pasado). A realidade é teimuda e vemos que non é así.

O Presidente da Xunta dixo onte que os casos son puntuais….pero non son casos puntuais, senon persoas enfermas que sofren as consecuencias, unha vez mais, da falta de compromiso desta xunta co Sistema Sanitario Público Galego.

Dende a AGDSP exiximos a administración que inverta na Sanidade Pública Galega, poñendo os medios necesarios para defender o ben máis preciado que temos que é a SAÚDE.

31 de decembro do 2018

social youtube xornalgalicia   feed-image