A Plataforma SOS Sanidade Pública esixe a retirada do Ante-Proxecto de Reforma da Lei Galega de Saúde do ano 2008 orquestada polo PPdeG (Feijóo)

Información
Portada | 17 Agosto 2017 | 8774 votos | Correo electrónico | Imprimir

 Pretende o desmantelamento e a consolidación da privatización do Sistema Sanitario Público Galego. 

  • Desmantela as áreas sanitarias, para vaciar de contido os Hospitais Comarcais, coa finalidade de concentrar os servizos sanitarios, nos grandes hospitais. Esta medida, supón unha barreira para o acceso da cidadanía a atención hospitalaria, especialmente á poboación rural e máis envellecida.
  • Reduce a posibilidade de participación social na planificación, control e avaliación da actividade do sistema sanitario e dos centros asistenciais.
  • Mantén as Estruturas de Xestión Integrada nas áreas sanitarias (EOXIS) responsables do deterioro e marxinación da Atención Primaria, absorbida polas xerencias hospitalarias: hospitalcentrismo.
  • Legaliza de xeito definitivo, a privatización do SERGAS, consolidando a entrada do capital multinacional e das farmacéuticas, na xestión, docencia e investigación do sistema sanitario, sufragado con fondos públicos.
  • Favorece a laboralización e precarización do persoal sanitario, así como o enchufismo na adxudicación dás prazas. 

 

Apoiamos as mobilizacións convocadas polas Xuntas de Persoal dás áreas sanitarias afectadas, que contan ca colaboración das organizacións sociais, sindicais, profesionais e representantes institucionais de ditas áreas. Estas actuacións concluirán nunha convocatoria de mobilización conxunta de toda Galicia, en rexeitamento destas medidas.

 

 

Para todo isto, consideremos fundamental a consolidación da alianza social e sanitaria, representada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.

social youtube xornalgalicia   feed-image