![]() |
![]() A idea de realizar este calendario fotográfico xurde de Pilar Estévez, técnico en xeriatría que ten traballado cos usuarios dos obradoiros Activa. As fotografías foron tomadas por Yago Estévez e o Concello encargouse do deseño a través da Área de Comunicación Social e do financiamento a través da Concellería das Persoas Maiores. Ademais de acoller con moita ilusión a idea, os usuarios dos obradoiros tamén consideraron apropiada a súa colaboración cunha entidade social, apostando pola Asociación de Familiares e Enfermos de Alzeimer, Afasal xa que se dedica a unha doenza que afceta de forma especial ás persoas maiores. Os 260 exemplares dos calendarios de mesa foron entregados esta mañá a Afasal e será a propia entidade as que os comercialice coa idea de recadar fondos para financiar os programas e actividades que desempeña ao longo do ano. |
Os membros dos obradoiros municipais de persoas maiores protagonizan un calendario en beneficio de Afasal
Os membros dos obradoiros municipais de persoas maiores protagonizan un calendario en beneficio de Afasal
- Información
- Portada | 04 Enero 2017 | 6556 votos | Correo electrónico | Imprimir
- Detalles
- Categoría: Portada
- Visto: 6556