Feijóo en nome dos galegos/as nun Concerto con POVISA regaloulle dende o SERGAS 75 millóns polas súas 400 camas e a permitiulle a maiores captar clientes públicos en todo a área sanitaria de Vigo.....
Ante a información de que a Xunta pretende salvar novamente a POVISA (do grupo empresarial que controla a naviera Elcano) dunha situación de quebra pola súa mala xestión cunha inxección de 15 millóns de euros para pagar os fármacos de dispensación ambulatoria entre o 2014 e o 2018, a pesar de que estes estaban incluídos no Concerto Singular ( polo que o SEREGAS paga a este centro privado 75 millóns anuais), desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar:
1.- Que POVISA volve impoñer a súa estratexia de incrementar as súas ganancias por encima do acordado no Concerto Singular, como ven facendo desde sempre.
2.- Este centro privado consegue este obxectivo grazas a estar xestionado por persoas con fortes relacións coa administración (as coñecidas portas xiratorias) e ás ameazas de peche en caso de non alcanzar os incrementos sobre o pactado. Con esta finalidade POVISA presentou un pre- concurso de acredores o pasado setembro.
3.- Contrariamente ao que se di, o SERGAS dispensa un trato moi favorable a este centro a pesar das irregularidades detectadas polo Consello de Contas, a menor oferta de servizos e de persoal sanitario por cama ou as maiores listas de espera respecto dos hospitais públicos. Entre outras axudas, no último Concerto POVISA conseguiu que o SERGAS a pague 75 millóns polas súas 400 camas e a permita captar clientes públicos en todo a área sanitaria de Vigo.
4.- Resulta escandaloso este transvasamento de fondos públicos a un hospital privado en plena crise da sanidade pública e especialmente da Atención Primaria. En Vigo dimitiron o 80% dos xefes de servizo dos Centros de Saúde polos recortes de recursos e a mala situación dos seus centros. Cos novos 5 millóns de euros anuais para pagar medicamentos de POVISA poñeríanse crear arredor de 81 novas prazas de Atención Primaria na área. https://mail.google.com/mail/ca/u/0/#m_-5794025883024986379__ftn1 [1].
[1] Segundo a Organización Médica Colegial a retribución bruta dos medicos/as de AP de Galicia oscila en Galicia entre los 35.240 y los 63.392 euros brutos o año (2014), o que supón entre 47 e 115 prazas anuais .
Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública